1.2. Funcións
Para a aplicación efectiva do sistema tributario estatal e aduaneiro, a Axencia Tributaria desprega un conxunto de actuacións entre as que destacan as seguintes:
- A xestión, inspección e recadación dos impostos cuxa xestión corresponde ao Estado, principalmente, Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, Imposto de Sociedades, Imposto sobre a Renda de non Residentes, Imposto sobre o Valor Engadido e Impostos Especiais.
- A recadación de ingresos propios da Unión Europea.
- A xestión aduaneira e a represión do contrabando, así como a seguridade na cadea loxística.
- A recadación en vía executiva de ingresos de dereito público da Administración Xeral do Estado e dos Organismos Públicos vinculados ou dependentes dela .
- A recadación de determinadas débedas de entidades locais e Comunidades Autónomas, cando así se acordase por convenio.
- As actuacións de asistencia, colaboración e cooperación con outros Estados membros ou países terceiros cos que así se conviñese para a aplicación dos tributos.
- A colaboración na persecución de determinados delitos, fundamentalmente os delitos contra a Facenda Pública, os delitos de contrabando e de branqueo de capitais.
Complementan esta relación os seguintes cadros explicativos:
| Censo de obrigados tributarios | ||
|---|---|---|
| Censo xeral de obrigados tributarios | 52.473.021 | |
| Censo de contribuíntes en módulos | 1.544.601 | |
| Censo de empresarios, profesionais e retenedores | 5.271.371 | |
| Censo de Grandes Empresas | 36.001 | |
| Censo de Operadores de Impostos Especiais | 82.700 | |
| Censo de Representantes Aduaneiros | 1.090 | |
| Principais declaracións xestionadas | ||
|---|---|---|
| a) IRPF | 19.522.674 | |
| b) Imposto sobre Sociedades | 1.425.538 | |
| c) IVE | 3.418.691 | |
| d) Impostos Especiais | 8.359.059 | |
|
|
e) Comercio Exterior | 11.113.390 |