1.6. Valoración da Axencia Tributaria polos cidadáns
Enquisas e estudos de opinión
O Instituto de Estudos Fiscais do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas confecciona anualmente o estudo demoscópico “Opinións e actitudes fiscais dos españois ”, tamén coñecido como “Barómetro Fiscal”.
O estudo realízase partindo dunha mostra de mil cincocentos cidadáns, distribuídos en cinco segmentos (empresarios, agricultores, profesionais, asalariados e inactivos), seleccionados por cotas de hábitat, xénero e idade, e utilizando a técnica de entrevista persoal, con aplicación dun cuestionario estruturado.
Segundo os últimos datos publicados (referidos ao ano 2011 e anteriores) a evolución da valoración que os españois fan dos servizos que presta a Axencia Tributaria mostra unha imaxe moi positiva da calidade dos mesmos, acadando unha cualificación de 2,9 (sobre 4).
Igualmente sóndase neste estudo a opinión dos cidadáns respecto dos funcionarios da Axencia Tributaria, que obteñen a consideración de bos técnicos, imparciais no desempeño do seu labor e correctos no trato persoal.
Anexos:
Evolución da valoración dos servizos da Axencia Tributaria (1995-2011) Evolución da opinión sobre os funcionarios da Axencia TributariaQueixas e suxestións. Consello para a Defensa do Contribuínte
O Consello para a Defensa do Contribuínte, órgano asesor da Secretaría de Estado de Facenda, vela pola efectividade dos dereitos dos obrigados tributarios, atendendo as queixas que se producen pola aplicación do sistema tributario que realizan os órganos do Estado, e efectúa suxestións e propostas. Réxese, no referente á súa competencia, composición e funcionamento, polas súas normas específicas.
En 2012, presentáronse ante o Consello para a Defensa do Contribuínte 7.086 queixas e suxestións en relación a actuacións da Axencia Tributaria, o que supón unha redución do 8,67 por cento con respecto a 2011, continuando a tendencia de diminución do número de queixas recibidas respecto de anos anteriores. A información de detalle pode consultarse na Memoria anual do Consello para a Defensa do Contribuínte.
Anexo:
Queixas e Suxestións (Comparativa 2011 - 2012)