Saltar ao contido principal
Memoria 2012

2.2. Recadación tributaria líquida

A recadación tributaria líquida resulta de minorar da recadación tributaria bruta as devolucións efectivamente pagadas no exercicio e os axustes cos territorios forais. Responde, así mesmo, a un criterio de caixa, a diferenza doutros conceptos, para os efectos de Contabilidade Nacional, como os dereitos recoñecidos ou os impostos

Os ingresos tributarios xestionados pola Axencia Tributaria ascenderon en 2012 a 168.567 millóns, cun crecemento do 4,2 por cento con respecto a 2011, coincidindo practicamente cos orzados (159 millóns menos). O grao de cumprimento con respecto ao orzado foi froito da influencia de factores de distinto signo: as bases impoñibles dos principais impostos comportáronse peor do previsto, pero este factor negativo viuse compensado polo impacto de medidas normativas tomadas no medio do exercicio orzamentario e polo aumento da recadación derivada de actuacións de control.

ConceptosOrzamento
2012 (1)
RecadaciónDiferenza con OrzamentoDiferenza con Recadación 2011
2012
(2)
2011
(3)
Diferenza
(4) =(2)-(1)
% cumprimento
(5) =(2)/(1)
Diferenza
(6) =(2)-(3)
%
(7) =(6)/(3)
Imposto sobre laRenta das Persoas Físicas 73.106 70.619 69.803 2.487 - 96,6 815 1,2
Imposto sobre sociedades 19.564 21.435 16.611 1.871 109,6 4.824 29,0
Imposto sobre a renda de non residentes 2.411 1.708 2.040 703 - 70,9 332 - 16,3 -
Declaración tributaria especial 2.482 1.196 0 1.286 - 48,2 1.196 ---
Resto do Capítulo I 120 123 118 3 102,4 5 4,2
Total Capítulo I 97.683 95.081 88.572 2.602 - 97,3 6.509 7,3
Imposto sobre o valor engadido 47.691 50.464 49.302 2.773 105,8 1.162 2,4
Impostos especiais 18.426 18.209 18.983 217 - 98,8 774 - 4,1 -
Tráfico Exterior 1.452 1.429 1.531 23 - 98,4 102 - 6,7 -
Imposto sobre Primas de Seguro 1.392 1.378 1.419 14 - 99,0 41 - 2,9 -
Resto do Capítulo II 116 113 15 3 - 97,8 99 ---
Total Capítulo II 69.077 71.594 71.250 2.517 103,6 344 0,5
Total Capítulo III 1.966 1.892 1.938 74 - 96,2 46 - 2,4 -
TOTAIS INGRESOS XESTIONADOS POLA AEAT 168.726 168.567 161.760 159 - 99,9 6.807 4,2

(Millóns de Euros)

Anexo:

Evolución da recadación tributaria xestionada pola Axencia Tributaria

A base impoñible agregada caeu por quinto ano consecutivo, nesta ocasión un 3 por cento, caída similar á de 2011. A caída prodúcese con especial incidencia nas rendas (pola contracción das rendas dos fogares e dos beneficios das sociedades) e no gasto suxeito a Imposto sobre o Valor Engadido, prexudicado pola debilidade do consumo, o axuste nas compras e o investimento público, e a persistente deterioración do mercado da vivenda.

Anexo:

Evolución dos ingresos tributarios e base impoñible agregada

A recadación aumentou, pois, debido ao impacto dos cambios normativos, tanto de que xa estaban previstos ao elaborar o Orzamento como aqueles que se aprobaron en xullo de 2012, cuxos efectos sobre a recadación deixáronse sentir no tramo final do exercicio. As medidas de consolidación fiscal xeraron un incremento dos ingresos de 11.237 millóns. Destes , estímanse en 5.119 os millóns recadados que se explican polos cambios introducidos en xullo, sobre todo a subida de tipos do Imposto sobre o Valor Engadido e as medidas de ampliación dos pagamentos fraccionados do Imposto sobre Sociedades.

No conxunto do ano, tal e como se detalla no cadro adxunto, destaca o impacto recadador que tiveron as medidas que afectaron aos pagamentos fraccionados do Imposto sobre Sociedades (5.925 millóns). Tamén foron moi relevantes os efectos do Gravame complementario (con implicacións nos ingresos por Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, Sociedades e Imposto sobre a Renda de Non Residentes, por valor de 3.931 millóns), da subida do Imposto sobre o Valor Engadido (2.441 millóns) e das medidas extraordinarias relativas á Declaración Tributaria Especial (1.196 millóns) e ao Gravame Especial sobre Dividendos (89 millóns).

Impacto dos cambios normativos (millóns de euros)
2012
IRPFSOCIEDADESIVEIIEEOUTROSTOTAL
TOTAL 3.525 4.607 1.505 301 1.300 11.237
Gravame complementario 3.566 261 104 3.931
Retencións de traballo 2.957 2.957
Retencións capitais 609 870
Retencións non residentes 104 104
Subido tipo para rendas >120.000 € 27 27
Supresión dedución nacemento 130 130
Supresión paga extra AAPP 407 - 407 -
Subidas retencións act. profesionais 209 209
Aumento pagamento fraccionadas Sociedades 5.925 5.925
Impacto cambios 2011 en cota Sociedades 1.668 - 1.668 -
Aumento de tipos no IVE 2.263 2.263
Xullo de 2010 178 - 178 -
Setembro de 2012 2.441 2.441
Rebaixa tipo IVE vivenda ao 4 % 758 - 758 -
Variación dos tipos no tabaco 236 236
Marzo de 2012 260 260
Xullo e setembro de 2012 24 - 24 -
Supresión devolución gasóleo 65 65
DTE e gravame sobre dividendos 89 1.196 1.284

Xunto ao impacto das medidas normativas, o crecemento da recadación tamén se viu favorecido polo importante aumento dos ingresos procedentes dos adiamentos de anos anteriores e das actuacións de control. Os ingresos por estes conceptos ascenderon en 2012 a 16.103 millóns, cun aumento do 19,6 por cento con respecto ao ano anterior. Algo máis da metade destes ingresos corresponden a actuacións de control, que medraron un 10,1 por cento en 2012.

Imposto sobre a renda das persoas físicas

Canto á evolución dos ingresos dos principais tributos, en 2012 a recadación por Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas medrou un 1,2 por cento (815 millóns). O crecemento explícase exclusivamente polo impacto das medidas de consolidación fiscal (3.525 millóns). Sen estas medidas, os ingresos diminuirían un 3,9 por cento, a mesma caída que se estima para as rendas brutas dos fogares. Dentro destas , as rendas do traballo caen o 3,6 por cento (cunha maior caída da masa salarial compensada parcialmente polo aumento das pensións), as rendas do capital un 6,4 por cento e as rendas das empresas persoais por riba do 5 por cento. O compoñente cuantitativamente máis importante da renda dos fogares, a masa salarial, reduciuse notablemente (6,2 por cento) polo forte descenso do emprego asalariado e a redución do salario medio, de maior intensidade no sector público pola supresión da paga extra de decembro. A subida nos tipos de retención serviu de contrapeso a esta baixada das rendas, de tal xeito que os ingresos por retencións foron case iguales aos de 2011.

Imposto sobre sociedades

Os ingresos do Imposto sobre Sociedades medraron en 2012 un 29 por cento (4.824 millóns). O crecemento explícase tanto polas medidas normativas como polo aumento dos ingresos procedentes de actas de inspección. As modificacións normativas afectaron moi significativamente ao cálculo dos pagamentos a conta, que medraron un 41,3 por cento, con especial incidencia nos grupos consolidados (84,8 por cento). No resto de grandes empresas o incremento dos pagamentos foi do 26,3 por cento, mentres que nas pemes, que calculan o seu pagamento de acordo á cota da última declaración anual presentada, a caída foi menor que en 2011 (6,1 por cento).

O incremento dos ingresos no Imposto sobre Sociedades prodúcese a pesar de que a información dispoñible sobre os beneficios indica que estes continuaron caendo. Para analizar os beneficios en 2012 a partir das declaracións fiscais cómpre corrixir o impacto dos cambios normativos, que afectaron non só ao tipo senón tamén á base impoñible, elevandoa. Efectuada esta corrección, apréciase unha caída da base impoñible similar á rexistrada en 2011 (19,6 fronte ao 18,7 por cento anterior). Este resultado non é uniforme por tipo de empresa: os grupos consolidados mostraron unha diminución próxima ao 50 por cento (que non se observa nos pagamentos polos cambios normativos) mentres que as grandes empresas non integradas en grupos rexistraron unha taxa positiva no medio do 3 por cento.

Imposto sobre o valor engadido

A recadación por Imposto sobre o Valor Engadido en 2012 medrou un 2,4 por cento (1.162 millóns). Estímase que o gasto final suxeito a Imposto sobre o Valor Engadido, que é a base do imposto, reduciuse un 5 por cento en 2012, caída algo inferior á rexistrada en 2011 (5,8 por cento). Por compoñentes, o gasto en consumo dos fogares reduciuse un 3,2 por cento. No gasto en vivenda produciuse de novo unha forte diminución (14,2 por cento), aínda que inferior á de 2011 (28,8 por cento). Houbo un mellor comportamento ao final do exercicio, pero por motivos transitorios debidos ao endurecemento da carga fiscal a partir de 2013 (fin da dedución no Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas por adquisición de novas vivendas e aumento do tipo de Imposto sobre o Valor Engadido do 4 ao 10 por cento). No gasto das Administracións Públicas observouse unha caída do 8,9 por cento, que ascendeu ao 24 por cento no caso dos gastos de investimento. A elevación do tipo efectivo, pola subida dos tipos legais que entrou en vigor en setembro, explica, xunto á diminución das devolucións, a subida da recadación.

Impostos especiais

Por último, os ingresos por Impostos Especiais diminuíron en 2012 un 4,1 por cento, aproximadamente o mesmo que en 2011. A maior perda rexístrase no Imposto sobre Hidrocarburos, que diminúe un 7,5 por cento (en 2011, un 6,3 por cento), pola redución do consumo de gasolinas e gasóleos. A caída da actividade económica e o aumento dos prezos (menor que en 2010 e 2011 pero aínda por riba do 8 por cento) explican o menor consumo. O Imposto sobre Labores do Tabaco diminuíu un 2,6 por cento, case o mesmo que en 2011 (2,3 por cento). Non obstante, a composición desta caída é distinta: a diminución do consumo non foi tan intensa como en 2011 (un 10 por cento fronte a máis do 17 por cento no ano anterior) e o aumento dos prezos foi menor que entón (un 7,5 por cento fronte ao 13 por cento de 2011). O Imposto sobre Electricidade é a única figura que mostra un aumento significativo (9,8 por cento). O consumo eléctrico sufriu unha nova caída en 2012 do 1,3 por cento, polo que o aumento dos ingresos hai que atribuíro exclusivamente ao incremento das tarifas, acentuado na última parte do ano pola execución das sentenzas que obrigaron a repercutir nas facturas a actualización de prezos da parte final de 2011 e o comezo de 2012.