3.1.5. Actuacións de peritaxe e auxilio xudicial
A Axencia Tributaria desenvolve un importante número de actuacións en cumprimento do deber de colaboración cos órganos xudiciais en virtude do artigo 118 da Constitución Española e da Lei Orgánica do poder Xudicial, así como en cumprimento do mandato previsto na súa norma de creación (artigo 103. Un. 6 da Lei 31/1990).
O auxilio xudicial, en sentido amplo, supón unha colaboración da Axencia Tributaria como institución pública cos órganos xudiciais, e préstase con respecto a materias ou funcións propias da Administración tributaria e da formación dos funcionarios integrados nela mesma.
O número de funcionarios que manteñen actuacións de colaboración durante os exercicios 2010, 2011 e 2012 é o seguinte:
2010 | 2011 | 2012 | |
---|---|---|---|
TOTAIS funcionarios | 902 | 1.034 | 1.165 |