Saltar ao contido principal
Memoria 2012

3.2.5. Rexistro de apoderamentos

Os obrigados tributarios poden realizar calquera trámite ante a Axencia Tributaria a través dun representante (intermediario fiscal). No caso de trámites realizados a través de Internet, a Axencia Tributaria pon a disposición dos contribuíntes un servizo de rexistro electrónico de apoderamentos, que sen carácter de rexistro público, permite facer constar as representacións que os obrigados tributarios outorgan a terceiros para a realización dos devanditos trámites na sede electrónica da Axencia Tributaria.

A 31 de decembro de 2012 estaban activos 1.538.913 apoderamentos para trámites por Internet, un 57 por cento máis que o ano anterior.