Saltar ao contido principal
Memoria 2012

3.2.7. Servizos en campaña de Renda

A Axencia Tributaria redobra os seus esforzos para facilitar o cumprimento das súas obrigas aos máis de 20 millóns de cidadáns obrigados a presentar declaración polo Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas correspondente ao ano 2011.

Envío do borrador de declaración ou dos datos fiscais relevantes para a declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas

O principal servizo que presta a Axencia Tributaria en campaña de Renda é o envío dun borrador da súa declaración ou dos datos fiscais máis relevantes para confeccionar a declaración cando a Axencia non dispón de todos os datos necesarios para iso. En total, o número de borradores e datos fiscais calculados pola Axencia Tributaria acadou a cifra de 23.186.317, o que supón un 3,98 por cento máis que o ano anterior.

En 2012 o número de borradores ou datos fiscais enviados aos contribuíntes para facilitarlles a súa declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas foi de 23.186.317, o que supón un 3,98 por cento máis que o ano anterior.

número de borradores ou datos fiscais enviados aos contribuíntes

Anexo: Nova ventá

Evolución  do servizo de envío de datos fiscais e do borrador de declaración 

Servizo RENØ de obtención do borrador e datos fiscais por Internet

Este ano foi o segundo en que se presta o servizo RENØ de obtención do borrador e datos fiscais por Internet, que acadou a cifra de 12.634.816, o que supón un incremento con respecto ao ano pasado dun 92,42 por cento. Introducindo na sede electrónica o NIF, nome e apelidos, un número de teléfono móbil e o recadro 620 da declaración do ano anterior, ou un código dunha conta corrente se non se presentou declaración, o sistema envía automaticamente unha mensaxe ao móbil (SMS) co número de referencia do borrador que permite consultar, modificar e confirmar o borrador.

Como novidade da campaña de Renda 2011, para acceder ao servizo RENØ non cumpriu ter solicitado previamente o borrador, xa que os borradores e datos fiscais encontrábanse dispoñibles en Internet para os contribuíntes, tanto para os que presentaran a declaración no ano anterior como para os novos declarantes neste exercicio.

Confirmación ou rectificación do borrador de declaración

O borrador pode ser confirmado ou rectificado polos contribuíntes por múltiples vías: teléfono, Internet, mensaxes a móbiles, caixeiros automáticos, banca electrónica ou telefónica (nas entidades que presten este servizo), e presencialmente, en Bancos, Caixas de Aforro ou Cooperativas de Crédito, nas oficinas da Axencia Tributaria e en determinadas oficinas habilitadas polas Comunidades Autónomas, Cidades con Estatuto de Autonomía e Entidades Locais.

Servizos de axuda para a confección de declaracións

Os contribuíntes que, polo tipo de rendas obtidas, non dispoñan do borrador da declaración, poderán confeccionar a súa declaración co programa PAI, dispoñible en Internet, e presentara así mesmo vía Internet, ou de forma presencial, nas oficinas da Axencia Tributaria e demais entidades colaboradoras, ou acudir ao servizo de axuda para a confección de declaracións nas oficinas da Axencia ou de calquera entidade colaboradora, como Comunidades Autónomas, Concellos, Deputacións, etc., solicitando cita previa por Internet ou por teléfono.

En 2012 elaboráronse co programa informático de axuda PAI o 95,45 por cento das declaracións

Consulta do estado de tramitación da devolución

A Administración dispón dun prazo de seis meses desde o termo do prazo de presentación das declaracións, ou desde a data da presentación se a declaración foi presentada fóra de prazo, para practicar a liquidación provisional que confirme ou rectifice o importe da devolución solicitada polo contribuínte.

A emisión de devolucións dá comezo ás 48 horas do inicio da campaña de Renda. A consulta do estado de tramitación da devolución está dispoñible na páxina web da Axencia Tributaria e no servizo telefónico automático.

En 2012, o tempo medio de tramitación da devolución na Campaña de Renda foi de 24 días.

Valoración dos servizos en campaña de Renda polos contribuíntes

Na “Enquisa de Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2011”, desenvolvida durante o ano 2012, en que a Axencia Tributaria sonda a opinión daqueles que utilizaron o servizo de presentación telemática de declaracións do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, o 64,06 por cento dos contribuíntes que utilizaron este servizo móstranse satisfeitos ou moi satisfeitos cos servizos ofrecidos. 

Un ano máis, os cinco servizos que os usuarios consideran de maior utilidade son a presentación de declaracións, a solicitude, rectificación e confirmación do borrador de Renda, a consulta do estado das devolucións, a comunicación de datos dispoñibles relativos ao Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, e a descarga do Programa de Axuda.