Saltar ao contido principal
Memoria 2012

3.2.9. Servizos a colectivos que precisan atención especial: persoas con discapacidade

A Axencia Tributaria ten subscrito desde o ano 2004 un Convenio de colaboración coa Asociación de Representantes de Persoas con Discapacidade e coa Fundación ONCE. No marco deste Convenio apróbase, de acordo coas devanditas entidades, un Plan Anual de Asistencia ás Persoas con Discapacidade no ámbito da Axencia Tributaria. No devandito plan inclúense actuacións de información e asistencia, accesibilidade na web e nas oficinas, accións de formación tendente a sensibilizar os funcionarios da Axencia Tributaria coas necesidades deste colectivo, etc.

Durante o exercicio 2012 cumpríronse na súa práctica totalidade as previsións incluídas no Plan anual, a pesar das limitacións orzamentarias.

A continuación, móstrase a situación actual da accesibilidade aos edificios da Axencia Tributaria:

Número de inmobles de uso público 279
Accesos
Entrada principal 217
Entrada alternativa 26
Non adaptado 36
Aseos 122
Ascensor 97

A accesibilidade acada ao 93 por cento dos edificios (84 por cento en entrada principal mas o 9 por cento en entrada alternativa).

No referente aos ascensores, convén aclarar que hai numerosos inmobles (basicamente Administracións) que teñen unha única planta e polo tanto non necesitan de ascensor.

Os edificios con aseos adaptados acadan un 58 por cento do total.