4.1.2. Cesión de información a outras administracións tributarias
A Axencia Tributaria tamén cede información a outras Administracións tributarias autonómicas e locais, permitindo maior eficacia nos labores de recadación doutras Administracións Públicas. Nestes casos a cesión de información non precisa a autorización do interesado.