Saltar ao contido principal
Memoria 2012

4.1.3. Intercambio de información

Por veces, os convenios que a Axencia Tributaria subscribe con outras Administracións Públicas contemplan non só a cesión de información senón tamén a obtención de información en poder desas Administracións sobre bens, dereitos, rendas ou actividades dos contribuíntes. A información así captada permite mellorar os servizos prestados ao contribuínte para favorecer o cumprimento voluntario das súas obrigas fiscais e, sobre todo, a loita contra a fraude fiscal.

Entre os convenios de intercambio de información destacan os subscritos pola Axencia Tributaria coa Tesourería Xeral da Seguridade Social, a Inspección de Traballo, as Comunidades Autónomas e a Federación Española de Municipios e Provincias ao que se encontran adheridos un total de 2.468 entidades locais (en 2012 adheríronse 168).