1.2. Funcións
Para a aplicación efectiva do sistema tributario estatal e aduaneiro, a Axencia Tributaria desprega un conxunto de actuacións entre as que destacan as seguintes:
- A xestión, inspección e recadación dos impostos cuxa xestión corresponde ao Estado, principalmente, Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, Imposto sobre Sociedades, Imposto sobre a Renda de non Residentes, Imposto sobre o Valor Engadido e Impostos Especiais.
- A recadación de ingresos propios da Unión Europea.
- A xestión aduaneira e a represión do contrabando, así como a seguridade na cadea loxística.
- A recadación en vía executiva de ingresos de dereito público da Administración xeral do Estado e dos organismos públicos vinculados ou dependentes dela.
- A recadación de determinadas débedas de Entidades Locais e Comunidades Autónomas, cando así se acordase por convenio.
- As actuacións de asistencia, colaboración e cooperación con outros Estados membros ou países terceiros con quen se conviñese para a aplicación dos tributos.
- A colaboración na persecución de determinados delitos; fundamentalmente, aqueles contra a Facenda pública, os delitos de contrabando e de branqueo de capitais.
- A previsión de ingresos tributarios, o seguimento e análise da recadación e a elaboración de estatísticas de base tributaria.
- A colaboración co resto das Administracións en diferentes aspectos da xestión do sistema tributario e na atención a convenios en materia de intercambio de información e o deseño e selección de mostras.
Complementan esta relación os seguintes cadros explicativos:
Censo de obrigados tributarios | ||
---|---|---|
Censo xeral de obrigados tributarios |
52.932.327 |
|
Censo de contribuíntes en módulos |
1.514.876 |
|
Censo de empresarios, profesionais e retenedores |
7.618.783 |
|
Censo de Grandes Empresas |
34.191 |
|
Censo de Operadores de Impostos Especiais |
85.406 |
|
Censo de Representantes Aduaneiros |
1.515 |
Principais declaracións xestionadas | ||
---|---|---|
IRPF |
19.379.484 |
|
Imposto sobre sociedades |
1.423.097 |
|
IVE |
3.370.265 |
|
Impostos especiais |
8.192.511 |
|
Comercio exterior |
11.810.574 |