Saltar ao contido principal
Memoria 2013

1.5.1. Portais web

A Axencia Tributaria conta cun portal de Internet de carácter informativo  e cunha Sede electrónica, á que se pode acceder desde o citado portal  para a realización de trámites en liña , que na maioría das ocasións requirirá identificación ou autenticación por parte dos cidadáns ou das diferentes Administracións públicas.

Do mesmo xeito que veu ocorrendo nos últimos anos, ao longo de 2013, producíronse notables avances no ámbito da administración electrónica para facer máis efectivo o dereito dos cidadáns a relacionarse por medios electrónicos coa Axencia Tributaria.

A Lei 11/2007 garantiu a cidadáns, profesionais e empresas o exercicio do dereito a relacionarse electronicamente coas Administracións públicas e estableceu a necesidade de crear sedes electrónicas para facer efectivos estes dereitos.

O uso intensivo das novas tecnoloxías da información e das comunicacións foi desde a súa creación unha constante na Axencia Tributaria, o que levou a dispor, hoxe en día, dunha auténtica “Axencia Tributaria electrónica” que vai máis alá das esixencias da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e que constitúe a principal canle de relación da Axencia Tributaria cos contribuíntes.

A Sede electrónica está revestida de condicións especiais de identificación, seguridade e responsabilidade, garantindo pola súa parte unha información veraz, actualizada e completa.

A Sede electrónica da Axencia Tributaria non soa permite consultar en liña o estado de tramitación dos procedementos en que se é interesado e obter copia dos documentos a través do apartado “Os meus expedientes”, senón que, ademais,  ofrece a posibilidade de realizar a práctica totalidade dos trámites, que inclúe o acceso ao rexistro electrónico, un inventario de todos os procedementos, servizos e trámites que se poden realizar electronicamente, tales como presentar declaracións e autoliquidacións, solicitudes, alegacións ou comunicacións, achegar documentos e xustificantes, efectuar pagamentos, solicitar e descargar certificados tributarios, etc.

Así mesmo, producíronse novidades normativas que supuxeron modificacións na forma de  presentación dos principais impostos, nos sistemas de identificación, autenticación e sinatura, no pagamento das débedas tributarias, nas notificacións electrónicas e na organización dos trámites dispoñibles na Sede electrónica.

Anexos:

Evolución das visitas aos portais web da Axencia Tributaria Evolución das declaracións do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas presentadas por Internet