Saltar ao contido principal
Memoria 2013

2.2. Recadación tributaria líquida

A recadación tributaria líquida resulta de minorar da recadación tributaria bruta as devolucións efectivamente pagadas no exercicio e os axustes cos territorios forais. Responde, así mesmo, a un criterio de caixa, a diferenza doutros conceptos como os dereitos recoñecidos ou os impostos para os efectos de Contabilidade Nacional.

No ano 2013 recadáronse 168.847 millóns de euros, o que supón un incremento dun 0,2 por cento con respecto a 2012 (281 millóns).

O resultado de 2013 está moi condicionado polo alto importe das devolucións realizadas, que medraron un 15,1 por cento e compensan gran parte do incremento dos ingresos brutos. Por iso, para ter unha idea da evolución subxacente da  recadación   hai que acudir aos ingresos (en termos homoxéneos), que cancelan o efecto dos distintos calendarios de devolución en 2012 e 2013, ademais de eliminar o impacto de medidas normativas transitorias (como a Declaración Tributaria Especial ou o Gravame de revalorización de activos). Estes ingresos homoxéneos medraron en 2013 un 3,8 por cento (1,9 por cento en 2012) na  liña dunha tendencia estable ao longo do ano.

Recadación tributaria líquida total (millóns de euros)

Concepto

Orzamento 2013
(1)

Xaneiro-decembro

Recadación

Diferenza con Orzamento

Diferenza con recadación

2013
(2)

2012
(3)

Diferenza
(4) =(2)-(1)

% cumprimento
(5) =(2)/(1)

Diferenza
(6) =(2)-(3)

%
(7) =(6)/(3)

Imposto sobre a renda das persoas físicas

74.215

69.951

70.619

4.264 -

94,3

667 -

0,9 -

Imposto sobre sociedades

19.012

19.945

21.435

933

104,9

1.490 -

7,0 -

Imposto sobre a renda de non residentes

2.248

1.416

1.708

832 -

63,0

292 -

17,1 -

Impostos Ambientais

1.543

1.570

0

27

101,7

1.570

---

Declaración tributaria especial

0

0

1.196

0

---

1.196 -

---

Resto do Capítulo I

133

167

123

34

125,3

43

35,1

Total Capítulo I

97.151

93.050

95.081

4.101 -

95,8

2.031 -

2,1 -

Imposto sobre o valor engadido

54.656

51.931

50.464

2.725 -

95,0

1.467

2,9

Impostos especiais

21.096

19.073

18.209

2.023 -

90,4

864

4,7

Tráfico Exterior

1.378

1.311

1.429

67 -

95,1

119 -

8,3 -

Imposto sobre Primas de Seguro

1.391

1.325

1.378

66 -

95,3

53 -

3,8 -

Imposto sobre Actividades do Xogo. Estado

100

74

101

26 -

74,5

27 -

26,4 -

Resto do Capítulo II

16

11

12

5 -

69,8

1 -

8,3 -

Total Capítulo II

78.637

73.725

71.594

4.912 -

93,8

2.132

3,0

Total Capítulo III

2.072

2.073

1.892

1

100,0

181

9,5

TOTAIS INGRESOS XESTIONADOS POLA AEAT

177.860

168.847

168.567

9.013 -

94,9

281

0,2

Anexo: Evolución da recadación tributaria xestionada pola Axencia Tributaria

A combinación de ingresos brutos á alza e elevadas devolucións foi un trazo distintivo en boa parte do ano e, especialmente, nos últimos meses en que se acentuou o crecemento dos ingresos brutos. O principal impulso destes ingresos foi a aplicación das medidas normativas que supuxeron, en 2013, un incremento dos ingresos próximos aos  11.900 millóns (cadro "Axustes por impactos de cambios normativos"), un 7 por cento dos ingresos netos do ano. Pero, ademais das medidas normativas, a evolución dos ingresos brutos tamén reflicte a menor caída que foron mostrando as bases impoñibles segundo avanzaba o ano.

As bases impoñibles dos principais impostos medraron, no último trimestre de 2013, por riba do   4 por cento, a primeira taxa positiva desde mediados de 2010. O ano pechouse cun descenso do 1,8 por cento, taxa  un punto superior á do ano anterior. É o sexto ano consecutivo con caídas nas bases impoñibles agregadas dos principais impostos; aínda que, esta caída prodúcese, a diferenza de 2012, cun primeiro semestre con descensos no medio do 4 por cento e unha significativa mellora na última parte do ano. O mellor comportamento da segunda metade do exercicio obsérvase en todos os compoñentes: a renda bruta das familias cae menos pola menor perda de emprego e a recuperación da paga extra dos empregados públicos; os beneficios declarados das sociedades presentan taxas positivas desde metade de ano; e o gasto suxeito a IVE, que comezou o ano cunha forte contracción, recupérase na segunda metade das mesmas  grazas, principalmente, á favorable evolución do consumo dos fogares.

Anexo: Evolución dos ingresos tributarios e base impoñible agregada

No seguinte cadro detállase o impacto das medidas de consolidación fiscal, valorado en 11.897 millóns de euros. O maior efecto corresponde á subida de tipos do IVE (8.050 millóns). En segundo lugar, sitúase a nova fiscalidade ambiental, cun impacto de 1.570 millóns. En terceiro lugar, o gravame complementario do IRPF que achega 1.381 millóns. Por último, a aplicación das novidades lexislativas no Imposto Especial sobre Hidrocarburos engaden 1.149 millóns máis.

Axustes por impactos de cambios normativos (millóns de euros)

2013

TOTAL

IRPF

SOCIEDADES

IVE

II. EE

OUTROS

TOTAL

2.209

434 -

8.050

1.522

550

11.897

Gravame complementario

1.381

356 -

26

1.051

. Retencións traballo

260

260

. Retencións capitais

95

356 -

261 -

. Retencións non residentes

26

26

. Cota anual

1.026

1.026

Supresión da paga extra nas AA . PP.

269 -

269 -

Subida das retencións a profesionais

400

400

Eliminación da compensación por vivenda

430

430

Gravame sobre premios de lotarías

267

2

1

270

Medidas de 2012 sobre a cota de Sociedades

2.786 -

2.786 -

Medidas sobre os pagamentos fraccionados de Sociedades

2.400

2.400

Gravame por revalorización de activos

386

386

Aumento de tipos no IVE

7.438

7.438

. Ingresos brutos

9.305

9.305

. Devolucións

1.867

1.867

Aumento do tipo de IVE da vivenda

612

612

Variación dos tipos en tabaco

177

177

Variación dos tipos en alcohol

13

13

Minoración de devolucións en gasóleo profesional

35

35

Hidrocarburos

1.149

1.149

Carbón utilizado na produción eléctrica

148

148

DTE e gravame sobre dividendos

80 -

1.196 -

1.276 -

Fiscalidade ambiental

1.570

1.570

Taxas xudiciais

149

149

Imposto sobre a renda das persoas físicas

Canto á evolución dos ingresos dos principais tributos, en 2013, os ingresos netos por IRPF diminuíron un 0,9 por cento. Unha vez corrixidos os efectos dos distintos calendarios de devolución en 2012 e 2103,  a caída dos ingresos foi tan  só un 0,2 por cento e mostran unha clara mellora na segunda parte do ano (no primeiro semestre a caída foi do 3 por cento e no último trimestre rexistrouse un aumento do 3 por cento). Este é o mesmo perfil que mostran as rendas brutas das familias. No conxunto do ano a caída das rendas das familias sitúase no 1,3 por cento. No primeiro semestre foi do 3,1 por cento, e no último trimestre, rexistrouse un aumento do 2,9 por cento grazas,  fundamentalmente, a tres factores: a moderación na perda do emprego, a recuperación da paga extra por parte dos empregados públicos e a mellora das rendas do capital.

 Imposto sobre sociedades

O Imposto sobre Sociedades caeu un 7 por cento en 2013. Esta é a figura impositiva  onde maior impacto tivo o distinto calendario das devolucións. En termos homoxéneos, os ingresos diminúen catro puntos. A novidade en 2013 é a aparición de taxas positivas nos beneficios declarados polas  Grandes Empresas e grupos fiscais no segundo e terceiro pagamento a conta. Hai que lembrar que o ano 2012 pechárase cun forte descenso  dos resultados, en particular nos grupos fiscais. Parte desa caída estaba provocada polo sector financeiro, en pleno proceso de saneamento. Agora algunhas desas entidades financeiras que en 2012 daban fortes perdas empezaron a declarar beneficios.

Canto á recadación do imposto, destacan o elevado crecemento dos pagamentos fraccionados e o forte descenso na cota diferencial. No primeiro caso, a maior parte do incremento é imputable ás novas medidas fiscais (limitación na deducibilidade dos gastos de amortización e cambio no tratamento das perdas nas empresas participadas). Unha estimación provisional indica que, en ausencia de cambios normativos, a base impoñible de Grandes Empresas e grupos fiscais (que medrou ata o terceiro pagamento a conta un 28,5 por cento) faríao 22 puntos menos, e que, os pagamentos, en lugar de aumentar o 26,3 por cento, incrementaríanse arredor do 2,5 por cento.

 Imposto sobre o valor engadido

Os ingresos por IVE medraron un 2,9 por cento, que se eleva ao   10,1 por cento ao corrixir o calendario de devolucións. O perfil trimestral dos ingresos homoxéneos explica ben cal foi a traxectoria do imposto en 2013, marcada pola subida de tipos de setembro de 2012 e a forte contracción do gasto a comezos de ano. Así, os tres primeiros trimestres tiveron un intenso crecemento dos ingresos como consecuencia da subida de tipos (en termo medio o tipo aumentou por riba do 20 por cento). No primeiro trimestre o incremento foi moderado, en relación coa marcha posterior, pola caída do gasto a causa do impacto negativo que tiveron neses meses tanto o descenso das rendas das familias como a propia subida do imposto. Desde ese mínimo do primeiro trimestre o gasto foise recuperando e no cuarto trimestre, que xa se compara cun período cos novos tipos, os ingresos  moderaron o seu crecemento aínda que menos do que subiron os novos tipos. Este feito indica unha rápida recuperación do gasto.

 Impostos especiais

A recadación por Impostos Especiais incrementouse en 2013 un 4,7 por cento, cunha execución moi dispar por figuras. De feito, o crecemento prodúcese por dous impostos, Hidrocarburos e Carbón, afectados por cambios normativos (biocarburantes e fiscalidade ambiental) e de xestión (o primeiro inclúe desde este ano o antigo Imposto de Vendas Polo miúdo de Hidrocarburos). En ausencia destes e outros cambios (tabaco, alcohol) o resultado sería un descenso dos ingresos. Non obstante, as bases dalgúns dos impostos foron mellorando no transcurso do ano. No Imposto sobre Hidrocarburos, por exemplo, o consumo de gasolinas e gasóleos mantivo ao longo do ano unha senda alcista, con algunha taxa positiva (setembro) e con práctica estabilidade nos últimos meses do ano. No Imposto sobre a Electricidade tamén se aprecia a mellora nos consumos (con crecemento nos dous últimos meses), aínda que este efecto non se traducise nun aumento dos ingresos,  debido á redución das tarifas a metade de ano  e á  comparación  cun período cunha elevada recadación derivada da execución dunha sentenza do Tribunal Supremo.