2.1. Funcións
Para a aplicación efectiva do sistema tributario estatal e aduaneiro, a Axencia Tributaria desprega un conxunto de actuacións entre as que destacan as seguintes:
-
A xestión, inspección e recadación dos impostos cuxa xestión corresponde ao Estado, principalmente, Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, Imposto sobre Sociedades, Imposto sobre a Renda de Non Residentes, Imposto sobre o Valor Engadido e Impostos Especiais.
-
A recadación de recursos propios da Unión Europea.
-
A xestión aduaneira e a represión do contrabando, así como a seguridade na cadea loxística.
-
A recadación en vía executiva de ingresos de dereito público da Administración xeral do Estado e dos organismos públicos vinculados ou dependentes dela.
-
A recadación de determinadas débedas de Entidades Locais e Comunidades Autónomas, cando así se acordase por convenio.
-
As actuacións de asistencia, colaboración e cooperación con outros Estados membros ou países terceiros con quen así se conviñese para a aplicación dos tributos.
-
A colaboración na persecución de determinados delitos; fundamentalmente, aqueles contra a Facenda pública, os delitos de contrabando e de branqueo de capitais.
-
A previsión de ingresos tributarios, o seguimento e análise da recadación e a elaboración de estatísticas de base tributaria.
-
A colaboración co resto das Administracións en diferentes aspectos da xestión do sistema tributario e a atención a convenios en materia de intercambio de información.