2.5. Valoración da Axencia Tributaria polos cidadáns
Cadro nº 12. Queixas e suxestións (comparativa 2013-2014) (Anexo)Enquisas e estudos de opinión
O Instituto de Estudos Fiscais do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas confeccionou o estudo demoscópico “Opinións e actitudes fiscais dos españois en 2013”. Este informe realízase anualmente e tamén é coñecido como “Barómetro Fiscal”.
O estudo realízase a partir dunha mostra de mil cincocentos cidadáns, distribuídos en cinco segmentos (empresarios, agricultores, profesionais, asalariados e inactivos), seleccionados por cotas de hábitat, xénero e idade e utilizando a técnica de entrevista persoal, con aplicación dun cuestionario estruturado.
Segundo os últimos datos publicados (referidos ao ano 2013 e anteriores), a evolución da valoración que os españois fan dos servizos que presta a Axencia Tributaria mostra unha imaxe moi positiva da calidade dos mesmos, acadando unha cualificación de 2,9 (sobre 4).
Ademais, neste estudo analízase a opinión dos cidadáns respecto dos funcionarios da Axencia Tributaria, que obteñen a consideración de bos técnicos, imparciais no desempeño do seu labor e correctos no trato persoal.
Valoración dos servizos en campaña da renda polos contribuíntes
A Axencia Tributaria mediante a “Enquisa do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2013”, desenvolvida durante o ano 2014, sonda a opinión de quen utilizaron o servizo de presentación telemática de declaracións do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, e de que resulta que o 70 por cento dos contribuíntes que utilizaron este servizo móstranse satisfeitos ou moi satisfeitos cos servizos ofrecidos.
Un ano máis, os cinco servizos que os usuarios consideran de maior utilidade son os seguintes: a presentación de declaracións, a comunicación de datos dispoñibles relativos ao Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, a solicitude, rectificación e confirmación do borrador de Renda, a consulta do estado das devolucións, e a descarga do Programa de Axuda.
Queixas e suxestións. Consello para a Defensa do Contribuínte
O Consello para a Defensa do Contribuínte, órgano asesor da Secretaría de Estado de Facenda, vela pola efectividade dos dereitos dos obrigados tributarios, atendendo as queixas que se producen pola aplicación do sistema tributario que realizan os órganos do Estado e efectuando suxestións e propostas. No referente á súa competencia, composición e funcionamento réxese polas súas normas específicas.
A Axencia Tributaria presta apoio técnico e asistencia administrativa ao Consello, así como de formación e análise da información derivada das queixas a través da Unidade Operativa do Consello de Defensa do Contribuínte, integrado no Servizo de Auditoría Interna da Axencia Tributaria
En 2014, presentáronse ante o Consello para a Defensa do Contribuínte 12.248 queixas e suxestións en relación a actuacións da Axencia Tributaria, un 47,62 por cento máis que no ano anterior. A comparación dos datos dos dous últimos exercicios ofrece as seguintes conclusións:
-
A materia con maiores incidencias é a de Información e atención; en 2014 presentáronse 5.860 queixas e suxestións (un 47,84 por cento do total) e en 2013 presentáronse 5.040 (un 60,74 por cento do total).
-
Produciuse un sensible incremento das queixas e suxestións referidas a Aplicación de normas; en 2014 presentáronse 3.454 queixas e suxestións (28,20 por cento do total) fronte ás 735 de 2013 (8,86 por cento do total).
No seguinte cadro do Anexo desenvólvense estes datos e a súa clasificación por materias, comparando os dous últimos exercicios. Así mesmo, a información de detalle pode consultarse na Memoria anual do Consello para a Defensa do Contribuínte: