4.1.2. Control extensivo
O control extensivo ten por finalidade a detección e corrección de erros e incumprimentos menos complexos. Diríxese, partindo da información de que dispón a Axencia Tributaria, a verificar, con carácter xeral, todas as obrigas tributarias consideradas individualmente. Baséase, fundamentalmente, en procesos informáticos e en controis de tipo documental, (sen revisión da contabilidade mercantil do contribuínte) realizados normalmente nas propias oficinas.
O control extensivo realízase polos órganos de Xestión Tributaria; polas Unidades de Xestión de Grandes Empresas, dependentes da área de Inspección Financeira e Tributaria, respecto dos contribuíntes cuxo volume de operacións supere a cifra de 6,01 millóns de euros durante o ano natural inmediatamente anterior; e polos órganos de Aduanas e Impostos Especiais en relación aos tributos de comercio exterior e Impostos Especiais.
Imposto sobre a renda das persoas físicas
As actuacións de control extensivo sobre este imposto, en 2014, recaeron nas declaracións de IRPF do exercicio 2012. Os resultados obtidos reflíctense no seguinte cadro do Anexo:
Cadro nº 23. Resultados no Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (Anexo)Ademais, iniciouse a campaña de control do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2013, que se estenderá durante 2015 e cuxos datos se ofrecerán na Memoria da Axencia Tributaria do devandito ano.
Imposto sobre Sociedades e Imposto sobre o Valor Engadido
En 2014, as actuacións de control extensivo realizadas en relación co Imposto sobre Sociedades e o Imposto sobre o Valor Engadido recaeron sobre as declaracións do exercicio 2012.
Estas actuacións refírense tanto a grandes empresas como ao resto de obrigados tributarios, e acadaron, respectivamente, uns resultados liquidatorios de 400,357 e de 1.740,812 millóns de euros. O número de liquidacións ascendeu a 49.780 no Imposto sobre Sociedades e a 122.607 no Imposto sobre o Valor Engadido.
Estas cifras inclúen os resultados das actuacións de control que teñen como consecuencia as liquidacións de contraído previo, as minoracións de devolucións e compensacións así como as de bases impoñibles negativas.
Actuacións sobre contribuíntes en Módulos
No caso de contribuíntes sometidos ao réxime de estimación obxectiva, os resultados das actuacións de control tradúcense na incoación de actas de inspección e na emisión de liquidacións provisionais. Os principais datos sinálanse no seguinte cadro do Anexo:
Cadro nº 24. Resultados no réxime de Módulos (Anexo)Comprobación de declaracións periódicas
Partindo do censo de empresarios, profesionais e retenedores realízase un control automatizado do cumprimento das obrigas de presentación de autoliquidacións periódicas (do Imposto sobre o Valor Engadido e das retencións e dos pagamentos fraccionados).
Durante 2014 emitíronse un total de 754.849 cartas e requirimentos, atendendose, ademais, 36.194 tramites de audiencia e xerando en total 30.451 autoliquidacións presentadas por un importe de 22,6 millóns de euros.
Tamén se realizaron 34.308 liquidacións por pagamentos fraccionados de IRPF, Imposto sobre Sociedades e réxime simplificado de IVE, por un importe de 28,1 millóns de euros.
Control nas Aduanas
Tras a aprobación dos Regulamentos (CE) 648/2005 e 1875/2006 de modificación do Código Aduaneiro Comunitario e as súas disposicións de aplicación, a finalidade principal do control aduaneiro é, nestes momentos, canda a correcta liquidación dos dereitos arancelarios e demais tributos que gravan o comercio exterior, garantir a protección dos consumidores e a seguridade das fronteiras impedindo a entrada de mercadorías de ilícito comercio ou potencialmente perigosas para a saúde e integridade dos cidadáns ou o medio natural.
Para iso, éstánse potenciando as cadeas loxísticas seguras, é dicir, a circulación das mercadorías a través de canles seguras, coa participación de Operadores Económicos Autorizados. Esta figura consiste nun operador de confianza quen, tras cumprir unha serie de requisitos, pode beneficiarse de simplificacións aduaneiras e facilitacións de seguridade. En España, en 2014, concedeuse esta condición a 98 novos Operadores, acadando un total de 649.
Independentemente do procedemento de declaración empregado, o poder identificar o comercio lexítimo e, polo tanto, de baixo risco, permite ás autoridades aduaneiras centrar os seus recursos limitados naqueles operadores que supoñen un risco maior e facilitar o comercio lexítimo.
No seguinte cadro do Anexo móstranse os datos relativos ás devanditas actuacións no exercicio 2014:
Cadro nº 25.Resultados dos controis documentais e recoñecementos físicos de mercadorías nas Aduanas (Anexo)Entre outros resultados, como consecuencia destes controis, escaneáronse un total de 34.392 colectores, practicado 3.890 retencións por presunta vulneración de propiedade intelectual e intervida 10.488 animais vivos pertencentes a especies protexidas e 661 gramos de crías de angulas.
Intervención e xestión de Impostos Especiais
O control da tributación dos Impostos Especiais de Fabricación realízase, en primeiro lugar, mediante o desenvolvemento de actuacións de intervención de Impostos Especiais consistentes no control das actividades de fabricación, transformación, manipulación, almacenaxe ou venda dos produtos obxecto dos Impostos Especiais de Fabricación, así como dos establecementos onde estas realízanse.
A prevención da fraude nas actividades económicas suxeitas aos Impostos Especiais de Fabricación esixe o desenvolvemento de actuacións de intervención permanente consistentes en controis tanto previos coma simultáneos ao momento de realización do feito impoñible.
A singularidade destas figuras impositivas con características tales como bases impoñibles non monetarias, elevados tipos impositivos, supostos de exencións, non suxeicións e bonificacións tributarias en función do destino, obrigan ao desenvolvemento de controis preventivos.
Os datos correspondentes aos exercicios 2013 e 2014 ofrécense no seguinte cadro do Anexo:
Cadro nº 26. Actividade interventora (Anexo)