4.2.2. Campaña de Renda
A Axencia Tributaria intensificou os seus esforzos para facilitar o cumprimento das súas obrigas aos máis de 20 millóns de cidadáns obrigados a presentar declaración polo Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas correspondente ao ano 2013. Para iso, na Campaña de Renda 2014 incrementáronse os recursos humanos e técnicos para satisfacer as demandas de asistencia e información, así como para a prestación dos servizos que se sinalan a continuación.
Envío do borrador de declaración ou dos datos fiscais relevantes para a declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas
O principal servizo que a Axencia Tributaria presta en campaña de Renda é o envío dun borrador da súa declaración ou dos datos fiscais máis relevantes para confeccionar a declaración cando a Axencia non dispón de todos os datos necesarios para iso. En total, o número de borradores e datos fiscais emitidos pola Axencia Tributaria acadou a cifra de 23.521.090, o que supón un 1,02 por cento menos que o ano anterior.
Nos seguintes gráficos do Anexo móstranse as cifras máis relevantes:
Gráfico nº 37. Evolución do servizo de envío de datos fiscais e do borrador de declaración Gráfica nº 38. Servizo de envío de datos fiscais e do borrador de declaración. Comparativa 2013-2014Servizo RENØ de obtención do borrador e datos fiscais por Internet
Como en anos anteriores, préstase o servizo RENØ de obtención do borrador e datos fiscais por Internet, neste exercicio, utilizárono 15.155.471 contribuíntes, o que supón, con respecto ao ano anterior, un incremento do 4,86 por cento.
Para a súa utilización, débese introducir na Sede electrónica o NIF do contribuínte, o seu primeiro apelido, o importe do recadro 415 da declaración do ano anterior ou, se é o caso, marcar o recadro que indica non habera presentado e, posteriormente, un número de teléfono móbil e o código dunha conta corrente se non se presentou declaración. Desta forma, o sistema envía automaticamente unha mensaxe ao móbil (SMS) co número de referencia do borrador e dos datos fiscais. Este número de referencia permite consultar, modificar e confirmar o borrador. Así mesmo, e se é o caso, permite transferir os datos fiscais ao Programa PAI para realizar a declaración.
Confirmación ou rectificación do borrador de declaración
O borrador pode ser confirmado ou rectificado polos contribuíntes por múltiples vías: teléfono, Internet, mensaxes a móbiles, caixeiros automáticos, banca electrónica ou telefónica (nas entidades que presten este servizo) e, presencialmente, en Bancos, Caixas de Aforro ou Cooperativas de Crédito, nas oficinas da Axencia Tributaria e en determinadas oficinas habilitadas polas Comunidades Autónomas, Cidades con Estatuto de Autonomía e Entidades Locais.
Servizos de axuda para a confección de declaracións
Os contribuíntes que, polo tipo de rendas obtidas, non dispoñan do borrador da declaración, poden confeccionar a súa declaración co programa PAI, dispoñible en Internet, e presentara vía Internet, ou de forma presencial, nas oficinas da Axencia Tributaria e demais entidades colaboradoras, ou acudir ao servizo de axuda para a confección de declaracións nas oficinas da Axencia ou de calquera organismo colaborador, como as das Comunidades Autónomas, Concellos, Deputacións, etc., solicitando cita previa por Internet ou por teléfono.
Durante 2014, presentáronse un total de 19.254.119 declaracións do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF), exercicio 2013, que inclúe tanto os borradores confirmados ou modificados como as autoliquidacións presentadas. Polo que se refire ás autoliquidacións, todas elas confeccionáronse a través dos programas de axuda, xa que para o exercicio 2013 e seguintes non se permite a presentación de declaracións do Imposto sobre a Renda realizadas de forma manual en modelo preimpreso.
As declaracións presentadas de forma telemática foron 13.976.316 – a cifra comprende tanto as confeccionadas co programa PAI, como as de Borrador confirmado ou modificado a través de Internet e as doutros programas de axuda (nestas últimas soas permítese a súa presentación a través de Internet)-.
No seguinte cadro do anexo ponse de manifesto os datos relativos ás declaracións e borradores de IRPF 2013:
Cadro nº 39. Renda 2013: Resultados obtidosConsulta do estado de tramitación da devolución. VERIFICA
A Administración dispón dun prazo de seis meses desde o termo do prazo de presentación das declaracións, ou desde a data da presentación se a declaración foi presentada fóra de prazo, para practicar a liquidación provisional que confirme ou rectifice o importe da devolución solicitada polo contribuínte.
A emisión de devolucións dá comezo ás 48 horas do inicio da campaña de Renda. A consulta do estado de tramitación da devolución está dispoñible na páxina web da Axencia Tributaria e no servizo telefónico automático.
En 2014, o tempo medio de tramitación de devolucións na Campaña de Renda (exercicio 2013) foi de 11 días.
Na segunda quincena de xullo de 2014, a Axencia Tributaria puxo en marcha a primeira fase de implantación dun novo procedemento en liña de comprobación rápida de declaracións de IRPF con resultado a devolver, denominado VERIFICA. A través deste sistema, os contribuíntes son informados a través da Sede electrónica da Axencia Tributaria das incidencias que determinan unha minoración da devolución inicialmente solicitada, co obxecto de que poidan dar a súa conformidade á proposta de liquidación efectuada pola Axencia Tributaria e axilizar, deste xeito, o procedemento de devolución. No caso de que o contribuínte non dea a súa conformidade á proposta ou presentes alegacións, o expediente seguirá a súa tramitación ordinaria.