4.2.5. Programa de Educación Cívico-tributaria
A Axencia Tributaria mantivo en 2014, en colaboración coa comunidade educativa, diversas actuacións dirixidas a nenos e adolescentes para fomentar unha conciencia fiscal nos futuros contribuíntes de xeito que asimilen a responsabilidade fiscal como un dos valores sobre os que se organiza unha sociedade democrática. En 2014, todas as actuacións nesta materia desenvolvéronse por persoal da Axencia Tributaria que participou de maneira voluntaria, desinteresada e non remunerada. Neste exercicio, as Delegacións da Axencia Tributaria realizaron as seguintes actividades:
-
Xornadas de portas abertas (visitas as Delegacións) coa participación de cerca de 7.300 alumnos (Primaria, ESO e Bacharelato).
-
Visitas centros educativos por parte de persoal da Axencia Tributaria, coa participación de 17.700 alumnos.
Tamén se impartiron cursos e charlas en Facultades e Escolas Universitarias, cunha participación de 1.500 alumnos.