4.2.6. Campañas institucionais
A Axencia Tributaria realizou, durante o exercicio 2014, unha campaña informativa e unha campaña de sensibilización contra a fraude:
-
A campaña informativa propuxose co obxectivo de informar sobre a cita previa ; o lema elixido foi “Con cita previa o primeiro es ti ”; e o medio de realización foi a radio.
- A campaña de sensibilización contra a fraude programouse co seguinte obxectivo: Concienciar ao cidadán para o correcto cumprimento das obrigas tributarias, promovendo a responsabilidade cívica. A fraude propuxose como un comportamento incívico e egoísta que repercute negativamente nos demais: a insolidariedade dun que defrauda, engana e prexudica ao resto; por outra banda , o lema escollido foi “ O que defraudas ti, pagámolo todos ”; os medios de difusión foron a televisión, radio e Internet; e o período de realización estendeuse desde o 19 de xuño ata o 30 de xuño de 2014.