Saltar ao contido principal
Memoria 2015

4.2.1. Servizos de información

A Axencia Tributaria pon a disposición dos cidadáns en Internet o “Programa INFORMA”, base de datos que contén, en formato “pregunta-resposta”, os principais criterios de aplicación da normativa tributaria. En 2015, realizáronse 5.359.928 accesos a este programa, un 1,7 por cento mas que en 2014.

Así mesmo, dispón dun Servizo Telefónico de Información Tributaria Básica (901 33 55 33) sobre os principais impostos, que ten lugar de luns a venres de 9 a 19 horas (agás no mes de agosto, en que o horario de atención é de 9 a 15 horas). En 2015 atendéronse 5.103.711 chamadas fronte a 5.474.931 no ano anterior, o que supón un descenso do 6,78 por cento.

Ademais, remitíronse aos cidadáns máis de 89 millóns de cartas informativas e publicáronse manuais prácticos (217.000 exemplares) dos principais impostos, así como numerosos folletos informativos (entre outros, destacan  “Actividades Económicas. Obrigas fiscais de Empresarios e Profesionais residentes en territorio español”, “Trámites a través de Internet”, “Cl@ve PIN ”) e, como todos os anos, o “Calendario do contribuínte ”. Por outra banda, editáronse en papel 500.000 folletos de “Aduanas Devolución IVE turistas”. Os contribuíntes tamén poden acceder de forma gratuíta a todas estas publicacións na web da Axencia Tributaria.

O portal da Axencia Tributaria, www.agenciatributaria.es, é unha canle de información cada vez máis utilizado polos contribuíntes. O portal facilita a localización dos contidos, ao aglutinar nunha mesma situación toda a información relativa a un imposto, descarga de programas, modelos e formularios, así como o acceso a todos os trámites electrónicos.

As cifras máis relevantes desenvólvense nos seguintes gráficos do Anexo:

Gráfico nº 34. Evolución dos accesos ao Programa Informa (Anexo) Gráfico nº 35. Evolución das chamadas atendidas polo teléfono de Información Tributaria Básica (Anexo) Gráfico nº 36. Evolución das visitas (páxinas visitadas) aos portais web da Axencia Tributaria (Anexo)