Saltar ao contido principal
Memoria 2015

4.2.7. Campañas institucionais

A Axencia Tributaria realizou, durante o exercicio 2015, unha campaña informativa e unha campaña de sensibilización contra a fraude:

  • Do mesmo xeito que o ano anterior, a campaña informativa propuxose co obxectivo de informar sobre a cita previa ; o lema elixido foi “Con cita previa o primeiro es ti ”; e o medio de realización foi a radio.
  • No referente á campaña de sensibilización contra a fraude, este ano creouse unha nova e ademais emitiuse a peza creativa do ano anterior:
    • A nova campaña está baseada na idea creativa da "cadea "de favores", co lema "Contribuímos para recibir ". Preténdese concienciar ao cidadán para o correcto cumprimento das obrigas tributarias, promovendo a responsabilidade cívica; destacando a relación existente entre os ingresos recibidos polos impostos e o gasto público. O concepto “cadea de favores” iníciase coa frase “Se non fóra por Juan, Ana non podería levar a súa filla ao colexio …”reforzandose, en cada elo, a idea de que a actuación de cada un de nós repercute nos demais e ao contrario. Emitiuse nas principais cadeas de televisión, radio e en Internet, ademais de nos principais medios escritos e dixitais. O seu período de emisión foi do 27 de maio ao 30 de xuño de 2015.
    • Na  campaña do ano anterior o lema escollido foi “O que defraudas ti, pagámolo todos ”; os medios de difusión foron a televisión, radio e Internet; e o período de realización estendeuse desde o 6 de xullo ata o 15 de xullo de 2015. A fraude propuxose como un comportamento incívico e egoísta que repercute negativamente nos demais: a insolidariedade dun que defrauda, engana e prexudica ao resto.