Saltar ao contido principal
Memoria 2015

4.3.2. Rexistro electrónico xeral

O rexistro electrónico permite ao cidadán a presentación de documentación sen necesidade de desprazamento ás oficinas da Axencia Tributaria.

En 2015 facilitouse o acceso ao rexistro electrónico mediante a publicación dunha ligazón destacada na páxina inicial da Sede electrónica, o que simplifica a súa localización; ademais, para acceder ao rexistro electrónico, o contribuínte pode identificarse con Código Seguro de Verificación (CSV), Cl@ve PIN ou certificado electrónico. Como consecuencia, en 2015 incrementouse o uso do Rexistro electrónico: o CSV utilizouse en 320.474 asentos rexistrais; os asentos rexistrais realizados con certificado electrónico foron 3.130.426; e por último, os asentos rexistrais en que se utilizou a identificación mediante Cl@ve PIN eleváronse a 22.229.