Saltar ao contido principal
Memoria 2015

4.3.3. Presentación telemática de declaracións tributarias

As presentacións telemáticas a través de Internet deben adaptarse cada ano aos cambios normativos e funcionalidades requiridas en cada caso. Un ano máis, adaptáronse as presentacións telemáticas dos modelos anuais relativos a Renda, Sociedades, Informativas e IVE.

No seguinte gráfico móstranse as cifras que reflicten o desenvolvemento neste ámbito:

Gráfico nº 47. Evolución das declaracións do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas presentadas por Internet (Anexo)

Durante 2015, traballouse en facilitar a utilización do certificado electrónico, para o que se combina a utilización dun certificado recoñecido na fase de identificación e autenticación coa solución dos problemas que ocasiona o seu uso na fase da sinatura.

Tamén, realizáronse en 2015 os desenvolvementos informáticos para permitir a solicitude do aboamento anticipado das deducións de familia numerosa, por ascendente con dous fillos ou por persoa con discapacidade a cargo.

Por último, en 2015, puxose en funcionamento o IVE á importación con adiamento de pagamento, finalizandose os traballos e adaptacións informáticas necesarias.