Saltar ao contido principal
Memoria 2015

4.3.5. Outras medidas para o fomento da Administración electrónica

Ademais da implantación da cita previa para todos os servizos presenciais e do sistema VERIFICA, aos que se fixo referencia anteriormente, a Axencia Tributaria desenvolveu outras medidas orientadas á creación de servizos avanzados para o contribuínte, entre os que cómpre destacar os seguintes:

Actuación administrativa automatizada

O incremento dos supostos automatizables permite unha maior axilidade e homoxeneidade na tramitación dos procedementos. Cabe citar como exemplo a obtención en tempo real de certificados tributarios (censuais, de declaracións tributarias e de situación tributaria).

Preformalización da declaración

Nos casos de declaracións periódicas, para realizar unha nova declaración pódense tomar como punto de partida os datos da última declaración presentada, de xeito que só resulta preciso modificar os contidos que sufrisen variación.