Saltar ao contido principal
Memoria 2017

3.2.2. Evolución de ingresos por Imposto sobre o Valor Engadido

A recadación do IVE aumentou un 1,3 por cento en 2017. Se se suman os ingresos desprazados a 2018 como consecuencia do SII , o crecemento sería do 7,9 por cento. Ademais do impacto do SII , a recadación por IVE tamén se viu favorecida polo cambio na xestión dos adiamentos, que supuxo 656 millóns adicionais. Sen ela, o aumento da recadación sería do 6,8 por cento, taxa coherente co crecemento que se estima para o gasto final suxeito ao imposto (6,5 por cento). O crecemento dos ingresos brutos por tipo de contribuínte foi moi distinto (3,4 por cento no total, 1,9 por cento en importacións e grandes empresas e 10 por cento nas pemes), aínda que se se corrixen as medidas normativas, que afectaron de maneira moi desigual, os resultados foron similares. O impacto do SII concéntrase nos ingresos das grandes empresas, mentres que a nova xestión dos adiamentos tivo efecto en grandes empresas e pemes. Se se corrixen ambos os dous impactos, os ingresos procedentes de importacións e grandes empresas medraron un 8,2 por cento e os de pemes, un 5,6 por cento. A diferenza entre estas taxas e o 6,8 por cento dos ingresos netos explícase polo crecemento das devolucións (9,5 por cento), tanto das anuais correspondentes a 2016 pero pagas en 2017, como das mensuais cuxo aumento en 2017 foi consecuencia da mellora das exportacións e da axilización na realización das mesmas que supuxo o SII.