Saltar ao contido principal
Memoria 2017

4.2.1. Servizos de información

A Axencia Tributaria pon a disposición dos cidadáns en Internet o “Programa INFORMA”, base de datos que contén, en formato “pregunta-resposta”, os principais criterios de aplicación da normativa tributaria. Durante o ano 2017, realizáronse, a través da aplicación corporativa, 4.787.477 consultas, mentres que durante o ano 2016 o número de consultas efectuadas ascendeu a 5.133.715 consultas. Este descenso de accesos ao INFORMA pode deberse ás melloras de usabilidade e maior información nos datos fiscais de Renda WEB.

Así mesmo, dispón dun Servizo Telefónico de Información Tributaria Básica (901 33 55 33) sobre os principais impostos, operativo de luns a venres de 9 a 19 horas (agás no mes de agosto, en que o horario de atención é de 9 a 15 horas). En 2017 atendéronse 4.525.495 chamadas, cun nivel de cobertura con respecto ás chamadas recibidas do 80,8 por cento.

O portal da Axencia Tributaria, www.agenciatributaria.es, é unha canle de información cada vez máis utilizado polos contribuíntes. O portal facilita a localización dos contidos, ao aglutinar nunha mesma situación toda a información relativa a un imposto, descarga de programas, modelos e formularios, así como o acceso a todos os trámites electrónicos.

As cifras máis relevantes desenvólvense nos seguintes gráficos do Anexo:

Gráfico nº 33. Evolución dos accesos ao Programa Informa Gráfico nº 34. Evolución chamadas teléfono Información Tributaria Básica Gráfica nº 35. Evolución das visitas (páxinas visitadas) aos portais web da Axencia Tributaria (Anexo)