Saltar ao contido principal
Memoria 2017

4.2.6. Programa de Educación Cívico-tributaria

Durante o ano 2017, produciuse un relanzamento do Programa de Educación Cívico-tributaria desenvolvido pola Axencia Tributaria desde o ano 2003. En colaboración coa comunidade educativa, desenvolvéronse diversas actuacións dirixidas a nenos e adolescentes para fomentar unha conciencia fiscal nos futuros contribuíntes de xeito que asimilen a responsabilidade fiscal como un dos valores sobre os que se organiza unha sociedade democrática. Todas as actuacións nesta materia desenvolvéronse por persoal da Axencia Tributaria que participou de maneira voluntaria. Neste exercicio, as Delegacións da Axencia Tributaria realizaron as seguintes actividades:

  • Xornadas de portas abertas (visitas as Delegacións) coa participación de cerca de 9.325 alumnos (Primaria, ESO e Bacharelato).
  • Visitas centros educativos por parte de persoal da Axencia Tributaria, coa participación de máis de 24.704 alumnos..
  • Tamén se impartiron cursos e charlas en Facultades e Escolas Universitarias, cunha participación de 1.543 alumnos.