Saltar ao contido principal
Memoria 2017

4.3.2. Rexistro electrónico xeral

O rexistro electrónico permite ao cidadán a presentación de documentación sen necesidade de desprazamento ás oficinas da Axencia Tributaria.

No rexistro electrónico facilitouse para todos os trámites de rexistro e para persoas físicas a presentación de documentación con Cl@ve PIN. Esta é unha facilidade engadida para aqueles trámites que esixían certificado, en que non abondaba con achegar o Código Seguro de Verificación (CSV) da comunicación recibida da Axencia Tributaria, potenciando así a utilización do rexistro electrónico.

Como consecuencia diso , medraron en 2017 as presentacións sen necesidade de identificación, unicamente con CSV, chegando aos 558.538 asentos rexistrais. Tamén medraron os asentos rexistrais con certificado electrónico ou Cl@ve PIN, chegando a 4.264.953 asentos.