Saltar ao contido principal
Memoria 2019

4.3.2. Rexistro electrónico xeral

O rexistro electrónico permite ao cidadán a presentación de documentación sen necesidade de desprazamento ás oficinas da Axencia Tributaria.

En 2019 potenciouse en gran medida a utilización do rexistro electrónico. Isto debeuse, tal e como se avanzou no apartado anterior, ao feito de facilitar que as persoas físicas poidan utilizar en todos os trámites de rexistro o sistema Cl@ve PIN.

Esta é unha facilidade engadida para aqueles trámites que esixían certificado ou DNI electrónico, por non ser suficiente con achegar o Código Seguro de Verificación (CSV) da comunicación recibida da Axencia Tributaria.

Así pois, en 2019 medraron as presentacións con utilización exclusiva de CSV, que chegaron aos 1.156.468 asentos rexistrais. Os asentos rexistrais con certificado electrónico ou Cl@ve PIN acadaron a cifra de 4.683.555 asentos.