Saltar ao contido principal
Memoria 2019

4.3.5. Outros novos trámites telemáticos

Utilización do asistente virtual

A Axencia Tributaria desenvolveu un novo sistema de intelixencia artificial como forma de proporcionar información personalizada, o “Asistente Virtual” do Sistema de Subministración Inmediata de Información (SII). Esa experiencia permitiu facer extensible este instrumento á Asistencia Integral a todos os contribuíntes no IVE, implantando o Asistente Virtual do IVE. Tamén se puxo en funcionamento a calculadora de prazos e a ferramenta “localizador” de prestación de servizos e de entrega de bens.

Durante todo o ano 2019, a utilidade do sistema vese reflectida nos 670.892 accesos ás distintas ferramentas, nos 331.513 da calculadora SII, nos 155.436 do localizador de prestación de servizos e entrega de bens, ou nos 80.637 accesos ao asistente virtual, que inclúe os accesos ao asistente de IVE e de SII. Ademais, o borrador do 303 obtivo 43.421 accesos desde a súa posta en funcionamento o mes de abril; e a axuda para a confección e presentación do modelo 303 de arrendadores, 35.653 accesos.

Desenvolvementos por áreas operativas

Entre os desenvolvementos máis destacados levados a cabo en 2019, cómpre mencionar a definición, implantación e posta en marcha de novos procedementos para a tramitación de actuacións de control da fraude tributario e aduaneiro desenvolvidas por Inspección así como a mellora e evolución de procedementos implantados en anos anteriores, entre os que destacan os de comprobación xeral, os de recuperación de axudas do Estado, os de control censual ROI/REDEME e os do plan de visitas e outras comprobacións formais.

No ámbito aduaneiro, éstáse traballando nunha aplicación de marcas fiscais, desenvolvida en dúas fases:

  • marcas fiscais de cigarros e picaduras para liar: a partir do 20 de maio de 2019 implantouse un novo sistema de marcas fiscais que se deben adherir aos paquetes e envases de cigarros e picadura para liar.

  • marcas fiscais de bebidas derivadas: a partir do 1 de xaneiro de 2020 a Axencia Tributaria implantará novos modelos de marcas fiscais que se deben adherir aos envases ou botellas que conteñan bebidas derivadas.