4.3.2. Rexistro electrónico xeral
O rexistro electrónico permite ao cidadán a presentación de documentación sen necesidade de desprazamento ás oficinas da Axencia Tributaria.
En 2020 potenciouse en gran medida a utilización do rexistro electrónico. Isto debeuse, tal e como se avanzou no apartado anterior, ao feito de facilitar que as persoas físicas poidan utilizar en todos os trámites de rexistro o sistema Cl@ve PIN.
Esta é unha facilidade engadida para aqueles trámites que esixían certificado ou DNI electrónico, por non ser suficiente con achegar o Código Seguro de Verificación (CSV) da comunicación recibida da Axencia Tributaria.