Saltar ao contido principal
Memoria 2021

4.1.6. Programa de Educación Cívico-tributaria

Durante o ano 2021, continuouse coa execución do Programa de Educación Cívico-tributaria desenvolvido pola Axencia Tributaria desde o ano 2003. En colaboración coa comunidade educativa, realizáronse diversas actuacións dirixidas a nenos e adolescentes para fomentar unha conciencia fiscal nos futuros contribuíntes de xeito que asimilen a responsabilidade fiscal como un dos valores sobre os que se organiza unha sociedade democrática. Todas as actuacións nesta materia desenvolvéronse por persoal da Axencia Tributaria que participou de maneira voluntaria.

Con motivo da pandemia, e a declaración do estado de alarma e a súa prórroga; a partir do mes de marzo do ano 2020 as actividades víronse drasticamente reducidas, levandose a cabo unicamente as que eran viables telematicamente e algunha excepcionalmente de forma presencial. No ano 2021 retomáronse paulatinamente as actividades con todas as limitacións impostas a causa da pandemia.

Este programa conta na actualidade con 274 formadores, distribuídos por todas as Delegacións do territorio nacional; realizando entre outras actividades as seguintes:

  • Xornadas de portas abertas (visitas as Delegacións) coa participación de cerca de 960 alumnos (Primaria, ESO e Bacharelato).

  • Visitas centros educativos por parte de persoal da Axencia Tributaria, coa participación de máis de 9.155 alumnos.

  • Cursos e charlas en Facultades e Escolas Universitarias, cunha participación de 1.151 alumnos.

Hai que destacar o aumento das actividades realizadas neste ámbito, favorecido pola sinatura de Protocolos de Colaboración. No ano 2021 asináronse 9 Protocolos de Colaboración coas Universidades que se engaden aos 25 xa existentes, que recollen entre os seus obxectivos a transmisión dos valores cívicos tributarios. Faise especial fincapé nas Facultades de Ciencias da Educación, e nos Centros de Formación do Profesorado.

O programa conta como ferramenta didáctica fundamental co Portal de Educación Cívico-tributaria, que se encontra na web da Axencia Tributaria.

Durante o ano 2021 iniciáronse os trámites para a actualización do Portal PECT, en colaboración co Instituto de Estudos Fiscais (IEF).

No curso 2019/2020 houbo que suspender o Concurso Nacional para Centros Escolares no marco do Programa de Educación Cívica Tributaria, en que participan os alumnos de 5.º e 6.º de Educación Primaria, ESO, Bacharelato e ciclos formativos básicos ou de grao medio de Formación Profesional que asistisen ás charlas ou xornadas; presentando traballos como redaccións ou pezas publicitarias (carteis gráficos ou vídeos). Ao final do ano celébrase a entrega de premios nacional por parte da persoa titular da Dirección Xeral da Axencia Tributaria no salón de actos da súa sede. Non obstante, nalgunha Delegación Especial puidose realizar a primeira fase, quedando pendentes os gañadores para participar na próxima edición posible a nivel nacional. O mesmo ocorreu durante o curso 2020/2021. Con respecto ao curso 2021/2022 espérase poder seguir con esta actividade que tanto motiva alumnos e profesores.

En novembro do ano 2017, publicouse o Portal de Educación Tributaria Europeo TAXEDU, en cuxo desenvolvemento participou moi activamente a Axencia Tributaria, e segue participando, colaborando na súa difusión.

Periodicamente reúnese, polo menos unha vez ao ano a rede de promotores de TAXEDU para renovar estímulos coñecer melloras, e compartir boas prácticas para a divulgación do mesmo. Por parte de España desenvólvese un intenso labor na publicación de artigos no apartado News do portal TAXEDU, ademais de difundiro nas charlas impartidas nos centros de educación incluídas as Universidades.