4.1.8.1 Integración dos Tribunais Económico-administrativos
O Departamento de Informática Tributaria afronta unha nova e profunda transformación, evolucionado os seus sistemas cara a un paradigma multiorganismo, integrando nunha primeira fase a:
-
Tribunais Económico-administrativos
-
Dirección Xeral de Tributos
A Orde PCM/3/2021, do 11 de xaneiro, pola que se modifica a Orde PRE/3581/2007, do 10 de decembro, pola que se establecen os departamentos da Axencia Estatal de Administración Tributaria e se lles atribúen funcións e competencias, amplía as competencias do Departamento de Informática Tributaria da Axencia Estatal de Administración Tributaria, atribuíndolle a posibilidade de prestar a axuda necesaria tanto aos Tribunais Económico-administrativos coma á Dirección Xeral de Tributos para levar a cabo a súa transformación dixital.
As citadas normas complétanse coa Resolución do 13 de xaneiro de 2021, da Secretaría de Estado de Facenda, pola que se ditan instrucións para a implantación dun novo modelo de xestión informática nos Tribunais Económico-administrativos e na Dirección Xeral de Tributos coa colaboración da Axencia Estatal de Administración Tributaria e regúlanse vías estables de colaboración en materia de intercambio de información.
A implantación do novo modelo de xestión informática nos Tribunais Económico-administrativos (TEA) e na Dirección Xeral de Tributos (DG Tributos) baséase no establecemento dun sistema integrado e global de administración tributaria, desenvolvido no medio informático da Axencia Tributaria, o que implica unha modificación substancial do modelo de xestión actualmente existente, polo que a súa implantación debe basearse, necesariamente, na planificación das actuacións necesarias e no establecemento dun axeitado sistema de seguimento e control do proceso de transformación.
É evidente que a integración, sobre a base do sistema de información da Axencia Tributaria, dos sistemas de información da DG Tributos e TEA baixo o que se denominou o Sistema de Información Global da Administración Tributaria representa unha oportunidade, non só para mellorar a eficacia e eficiencia da DG Tributos e os TEA, se non, para mellorar a capacidade das infraestruturas tecnolóxicas e os servizos de tecnoloxías da información cos que o Departamento de Informática Tributaria dá soporte actualmente ao Sistema de Información da Axencia Tributaria, o que deberá redundar en beneficios para a propia actividade da Axencia Tributaria. Por pór un exemplo, o incremento da demanda no uso das infraestruturas derivadas desta integración implicará a necesidade de ampliación das capacidades instaladas, para non penalizar o servizo actual que se ofrece.
O resultado final desta integración será que toda a actividade da Axencia Tributaria, DG Tributos e TEA realizarase sobre as mesmas infraestruturas e os servizos TI que mantén, desenvolve e evoluciona o Departamento de Informática Tributaria.
Os beneficios esperados son:
-
Mellor atención ao cidadán habilitando novas canles de comunicación dixitais
-
Redución de tempos (tramitación REA/Consultas) a través dunha tramitación electrónica integral
-
TEA e DG Tributos integrados na mellora da asistencia e o cumprimento dos contribuíntes a través da xestión do coñecemento global (TEA – DG Tributos – Axencia Tributaria)
-
Adaptación ao marco normativo (Lei 58/2003 modificada por Lei 34/2015, Lei 39/2015)
-
Optimización de investimentos e aforro de custos a través da utilización de plataformas e servizos comúns (adaptación tecnolóxica permanente, garantía de continuidade dos servizos, optimización dos custos de investimento e aforro de custos de explotación e mantemento).
Durante 2022 continúan as actuacións de colaboración desenvolvidas para o deseño, desenvolvemento e implantación dun novo modelo de xestión informática no TEAC e na DGT que se basea no establecemento dun sistema integrado e global de administración tributaria, desenvolvido no medio informático da Axencia Tributaria, nun marco de confianza lexítima e seguridade xurídica para os cidadáns.
Iso está supondo unha profunda reforma das infraestruturas e aplicacións horizontais do sistema de información da Axencia Tributaria para convertero nun sistema multiorganismo, cunha separación total a nivel lóxico dos ámbitos de cada organismo ao tempo que se comparten os recursos tecnolóxicos de base.