Saltar ao contido principal
Memoria 2022

4.3.2. Rexistro electrónico xeral

O rexistro electrónico permite ao cidadán a presentación de documentación sen necesidade de desprazamento ás oficinas da Axencia Tributaria.

Desde hai anos éstáse potenciando a utilización do rexistro electrónico. Isto debeuse, tal e como se avanzou no apartado anterior, ao feito de facilitar que as persoas físicas poidan utilizar en todos os trámites de rexistro o sistema Cl@ve PIN e a que as persoas xurídicas están obrigadas pola Lei 39/2015 a realizar os seus trámites de forma electrónica.

Esta é unha facilidade engadida ás persoas físicas para aqueles trámites que esixían certificado ou DNI electrónico, por non ser suficiente con achegar o Código Seguro de Verificación (CSV) da comunicación recibida da Axencia Tributaria.