Saltar ao contido principal
Memoria 2022

4.5.4. Infraestrutura ética e gobernación

O Servizo de Auditoría Interna ten ao seu cargo o impulso e coordinación da liña de mellora da Infraestrutura ética e gobernación da Axencia Tributaria prevista no Plan Estratéxico 2020-2023, en que tamén participan o Departamento de Recursos Humanos e o Servizo Xurídico. O Servizo de Auditoría Interna forma parte da Comisión Consultiva de Ética, creada en 2021, e impulsa e coordina os seus traballos ao corresponderlle a súa Secretaría.

No desenvolvemento desta liña de mellora e de acordo co proxecto elaborado pola Comisión Consultiva de Ética, mediante Resolución do 22 de decembro de 2022, da Presidencia da Axencia Estatal de Administración Tributaria, aprobouse o Código Ético para a Axencia Tributaria.

Neste ámbito de actuación é importante destacar que a Axencia Tributaria preside o Comité de Ética do CIAT recaendo no Servizo de Auditoría Interna, o impulso e a participación en grupos de traballos para a elaboración de documentos como o Manual de Ética, presentado na Asemblea anual do CIAT de 2021, ou o grupo que actualizou a Guía de autoavaliación para as Administracións tributarias en materia de infraestrutura ética, que foi presentado na conferencia do CIAT celebrada en Granada no mes de outubro de 2022.

O Servizo de Auditoría Interna participa na Comisión Coordinadora de Inspeccións Xerais dos Servizos. Ademais, no ano 2022 formou parte dun grupo de traballo liderado pola Dirección Xeral de Gobernación Pública da Secretaría de Estado de Función Pública para deseñar o Sistema de integridade da Administración Xeral do Estado. Concretamente, nos subgrupos de traballo dedicados para o deseño dunha Comisión de Ética e dunha guía para a xestión de caixas de correo de ética institucional.