5.3. Autónomas e pequenas e medianas empresas
O Plan Estratéxico da Axencia Tributaria 2020-2023 recolle entre as súas liñas de actuación prioritarias o fomento da relación cooperativa, idea recollida igualmente no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, aprobado polo Consello de ministros na súa sesión do 27 de abril de 2021, que establece no Compoñente 27 unha serie de medidas e actuacións para a prevención e loita contra a fraude fiscal, entre as que se inclúe o impulso da relación cooperativa.
A partir deste marco, en 2022 constituíronse o Foro de Federacións e Asociacións de Traballadores Autónomos e o Foro de Pequenas e Medianas Empresas, como espazos de encontro e diálogo entre a Axencia Tributaria e as asociacións e federacións máis representativas destes colectivos, que buscan impulsar o modelo de relación cooperativa, baseado na transparencia e confianza mutua, o cal está demostrando que é un eficaz instrumento para a consecución do cumprimento voluntario das obrigas fiscais por parte da cidadanía, fin último da Administración Tributaria.
Os obxectivos fundamentais destes Foros son:
-
Mellor coñecemento mutuo entre as partes, nun marco de cooperación, transparencia, rigor técnico, obxectividade, proporcionalidade e receptividade.
-
Aumento da seguridade xurídica destes colectivos, analizando as modificacións normativas en curso en cada momento, e difundindo as novidades normativas e os criterios de actuación da Axencia Tributaria na súa aplicación.
-
Mellora da aplicación do sistema tributario, reducindo cargas fiscais indirectas, fomentando o uso da administración electrónica nas relacións de autónomos e pemes coa Axencia Tributaria, dando a coñecer e incluso anticipando as novas facilidades ofrecidas pola Administración para o cumprimento das obrigas fiscais, etc.
-
Impulso do desenvolvemento de proxectos de dixitalización que permitan facilitar a relación entre Axencia Tributaria e autónomos.
-
Mellora da prevención e loita contra a fraude, colaborando na detección e busca de solucións con respecto a aquelas prácticas fiscais fraudulentas que poidan desenvolverse nos diferentes sectores económicos para previr a súa extensión e no fomento do rexeitamento social da fraude fiscal.
- Elaboración de Códigos de Boas Prácticas.
Durante 2022 tanto o Foro de Federacións e Asociacións de Traballadores Autónomos como o Foro de Pequenas e Medianas Empresas reuníronse en sesión plenaria en dúas ocasións.