Desarticulada unha organización criminal dedicada ao tráfico de drogas
-
Hai cinco persoas detidas e hanse incautado 36 quilos de cocaína
-
No desenvolvemento da operación practicáronse cinco rexistros domiciliarios en Ourense capital, Allariz (Ourense), Seixalbo (Ourense), Valdemoro (Madrid) e Aldea del Fresno (Madrid)
11 de setembro de 2026.- Funcionarios de Vixilancia Aduaneira da Axencia Tributaria en Ourense, nunha operación conxunta coa Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da Garda Civil de Ourense e a Brigada Provincial de Policía Xudicial (Grupo de Estupefacientes) da Policía Nacional de Ourense, han desarticulado unha organización criminal dedicada ao tráfico de drogas. Na operación interviñéronse 36 quilos de cocaína e foron detidas cinco persoas —unha na cidade de Ourense, unha en Seixalbo (Ourense), unha en Fraga (Huesca) e dous en Valdemoro (Madrid)—.
A operación ‘Platevo Ou’, iniciouse a principios de 2025, cando os investigadores tiveron coñecemento de que se estaban realizando actividades delituosas (tráfico de drogas) na provincia de Ourense.
O ‘modus operandi’ desta organización criminal consistía en recoller a droga en portos e, posteriormente, almacenara e distribuíra polo territorio nacional. Para levar a cabo esa distribución, a organización utilizaba vehículos con depósitos modificados (‘caletas’). Nun deses vehículos, que foi interceptado polos investigadores en Huesca, se incautaron 36 quilos de cocaína. Na actuación foi detida unha persoa.
Durante a fase de explotación realizáronse cinco rexistros domiciliarios en Seixalbo (Ourense), Allariz (Ourense), Ourense capital, Aldea del Fresno (Madrid) e Valdemoro (Madrid), onde se detivo a catro persoas —unha na cidade de Ourense, unha en Seixalbo (Ourense) e dous en Valdemoro (Madrid)—, e interveuse unha arma de fogo e varias mochilas usadas para o transporte de droga por vía marítima.
Esta operación dá continuidade a outra, desenvolvida o pasado 30 de maio en Asturias, onde se incautaron 6,5 quilos de cocaína e detivose dúas persoas pertencentes á organización tras realizar unha viaxe para aprovisionar de substancias estupefacientes a outro grupo criminal que actuaba na comunidade de Asturias.
A operación foi dirixida polo Xulgado de Instrución número 3 de Ourense.
Encóntranse dispoñibles para a súa descarga imaxes do operativo nesta ligazón.