Saltar ao contido principal

Celebrado o 24º Pleno do Foro de Grandes Empresas

O pasado 21 de xuño celebrouse a 24ª sesión plenaria do Foro de Grandes Empresas, coa asistencia do Secretario de Estado de Facenda, Jesús Gascón, presidente deste.Na reunión os representantes da Axencia Tributaria e das grandes empresas analizaron as cuestións tratadas nos grupos de traballo celebrados ao longo do primeiro semestre e outras cuestións de interese.

Tras máis de doce anos de vida, o Foro de Grandes Empresas converteuse nun dos principais expoñentes do modelo de relación cooperativa que busca desenvolver a Axencia Tributaria, e que ten como finalidade, nun marco de transparencia e confianza mutua, favorecer e facilitar o cumprimento voluntario das obrigas fiscais.