Saltar ao contido principal

Coñece os folletos informativos da campaña de Renda 2021

A campaña de Renda 2021 pon a disposición da cidadanía os seguintes folletos informativos, cuxa consulta permite familiarizarse cos diferentes recursos que a Axencia Tributaria ofrece aos contribuíntes.

Preséntase a app da Axencia Tributaria, mediante a que podes acceder a información, realizar xestións doadamente e mesmo presentar a túa declaración de Renda 2021 dende o móbil nun clic.

Podes coñecer se tes obriga ou non de presentar a declaración da Renda.

Tes á túa disposición un folleto específico para coñecer as vantaxes fiscais no  IRPF para persoas con minusvalidez e os seus familiares.

Noutros dous folletos explicámoste en que consiste o servizo Renda WEB e cales son todos os servizos de axuda e asistencia que che ofrece a Axencia Tributaria para presentar a túa declaración de Renda.

Podes consultar todos os folletos informativos no seguinte enlace:Folletos.