Saltar ao contido principal

Convenio entre a Axencia Estatal de Administración Tributaria e o Instituto Nacional da Seguridade Social, en materia de intercambio de información

O 21 de maio de 2022 publicouse no Boletín Oficial do Estado o Convenio subscrito entre a Axencia Estatal de Administración Tributaria e o Instituto Nacional da Seguridade Social.

Este convenio ten por obxecto regular o intercambio de información entre ambos os dous organismos, así como o establecemento dun procedemento de colaboración na xestión recadatoria.A cesión de información ao INSS facilitará o recoñecemento e control das prestacións económicas da Seguridade Social cuxa xestión e administración ten encomendadas, así como a incorporación de información no sistema de Tarxeta Social Dixital e a tramitación de procedementos de contratación.Pola súa banda, a Axencia Tributaria recibirá información necesaria para o cumprimento de obrigas fiscais.

Resolución do 17 de maio de 2022, da Subsecretaría, pola que se publica o Convenio entre a Axencia Estatal de Administración Tributaria e o Instituto Nacional da Seguridade Social, en materia de intercambio de información