Saltar ao contido principal

Curso-Estancia sobre delincuencia económica dirixido a maxistrados designados polo Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ)

No marco do "Convenio en materia de formación, investigación e publicacións" subscrito entre o Consello Xeral do Poder Xudicial e a Axencia Estatal de Administración Tributaria, os días 18 a 20 de maio tivo lugar en Madrid un Curso-Estancia sobre delincuencia económica dirixido a maxistrados designados polo CGPJ.

Os relatorios debullaron os distintos tipos penais que se integran na delincuencia económica, dende o punto de vista dos diferentes departamentos da Axencia Tributaria que participan na loita contra estas condutas.

Dende o Departamento de Alfándegas e Impostos Especiais tratáronse os delitos de contrabando, branqueo de capitais e fraude fiscal, expoñendo as técnicas de investigación patrimonial que se utilizan no Servizo de Vixilancia Aduaneira.

Por outra parte, o Departamento de Inspección Financeira e Tributaria formulou a análise do delito contra a Facenda Pública, co exame das diferentes condutas delituosas, como a utilización de sociedades interpostas, a simulación de non residencia fiscal, as tramas de fraude ao IVA, e as técnicas de investigación que se despregan dende a Oficina Nacional de Investigación da Fraude (ONIF) para a persecución deste tipo de fraudes.

Por último, dende o Departamento de Recadación analizáronse os delitos de frustración da execución e desobediencias específicas na manifestación de bens, tipificados nos artigos 257 e seguintes do Código Penal.