Saltar ao contido principal

O 30 de setembro finaliza o prazo de solicitude do pagamento único de 200 euros

Dende o 8 de xullo de 2022 pódese solicitar, a través do formulario online da Axencia Tributaria, a axuda de 200 euros para persoas con baixos ingresos e patrimonio.

O prazo para solicitar esta axuda finaliza o próximo 30 de setembro de 2022.

Poden pedir esta axuda aquelas persoas que, a 27 de xuño de 2022:

  • Teñan residencia legal e efectiva en España e tivésena de forma continuada e ininterrompida durante o ano inmediato anterior.
  • Realicen unha actividade por conta propia ou allea pola cal estean dados de alta no réxime correspondente da Seguridade Social ou mutualidade, ou
  • Estean inscritos como desempregados na oficina de emprego, estean a cobrar ou non a prestación ou subsidio por desemprego.
  • As rendas obtidas en 2021, incluídas as que perciban os convivientes, sexan inferiores a 14.000 euros íntegros (é dicir, o importe bruto percibido sen descontar gastos nin retencións) e o patrimonio, descontando a vivenda habitual, non supere os 43.196,40 euros.

Se necesitas máis información sobre esta axuda na Sede electrónica da Axencia Tributaria publicáronse un folleto explicativo e un apartado de preguntas frecuentes sobre a axuda (por exemplo, en que consiste, quen pode pedila, quen non, como e cando pedila, como se paga).

Para dúbidas e asistencia na cumprimentación do formulario de solicitude podes:

- Chamar ao teléfono:91 889 81 46 o 901 200 346.De luns a venres, de 9 a 19 horas.

- Ou ben solicitar cita previa (telefónica ou en oficinas) para o servizo de “Asistencia Axuda de 200 euros”, a través da Sede electrónica: Axencia Tributaria:Cita previa xeral ou chamar ao teléfono 91 290 13 40 ou 901 200 351, de luns a venres, de 9 a 19 horas.