Saltar ao contido principal

Incautados 150 quilos de cocaína oculta no pozo de áncoras dun mercante no porto de Las Palmas

Operación conxunta da Axencia Tributaria e Policía Nacional

  • A droga foi localizada por axentes de Policía Nacional e do Servizo de Vixilancia Aduaneira e recuperada polos axentes a Unidade de Subsolo da Policía Nacional

  • A investigación vén motivada como consecuencia da colaboración internacional e da análise de embarcacións sospeitosas de transportar cargamentos de droga dende Sudamérica ata Europa

18 de maio de 2022.- Funcionarios do Servizo de Vixilancia Aduaneira da Axencia Tributaria e axentes da Policía Nacional, no marco dunha operación contra o narcotráfico internacional, procederon á incautación de 150 quilos de cocaína nun mercante de bandeira grega que se encontraba fondeado no porto de Las Palmas.

A investigación vén motivada como consecuencia da colaboración internacional e da análise de embarcacións sospeitosas de transportar cargamentos de droga dende Sudamérica ata Europa.

Grazas á colaboración das autoridades policiais dos países de orixe e destino, púidose centrar a sospeita nun mercante que xa fora controlado en Colombia e Portugal, onde se interviñeron outras partidas de cocaína.

Axentes de Servizo de Vixilancia Aduaneira procederon á inspección técnica do buque, o cal se achaba fondeado no porto de Las Palmas, o pasado día 16 de maio.

Durante a inspección participou a Unidade de Subsolo da Policía Nacional con cuxo equipamento técnico se puido acceder ao pozo de áncoras onde se encontraba oculta a droga.

Unha vez extraida a droga procedeuse á súa pesaxe dando un resultado total de 150 quilos de cocaína.

Esta nova actuación vén a confirmar que o arquipélago canario é un punto clave nas rutas marítimas de mercantes que proceden dende Sudamérica e recalan para realizar escalas técnicas.

Filmación do operativo (para descargar o vídeo débese introducir a seguinte dirección web):

https://we.tl/t-XreTLxCcSt