Saltar ao contido principal

A Axencia Tributaria advirte sobre casos de phishing

A Axencia Tributaria insiste en que nunca solicita por correo electrónico ou SMS información confidencial, económica ou persoal, números de conta nin números de tarxeta dos contribuíntes nin achega anexos con información de facturas ou outros tipos de datos.

Na sede electrónica da Axencia Tributaria pode consultar exemplos de envío de mensaxes por correo electrónico falso que suplantan a identidade da Axencia Tributaria detectados no ano 2022.Non atenda estas mensaxes, é un intento de fraude que suplanta a imaxe da Axencia Tributaria.