Saltar ao contido principal

Manual de actividades económicas

O desenvolvemento dunha actividade económica, empresarial ou profesional, implica facer fronte a obrigas fiscais, tanto formais coma materiais.

As obrigas fiscais deben cumprirse antes de iniciar a actividade, durante o desenvolvemento desta e despois de finalizar a actividade.

Se estás a pensar iniciar unha actividade económica e queres coñecer as obrigas fiscais necesarias, ou se xa estás a desenvolver unha e necesitas informarte, a Axencia Tributaria pon á túa disposición un Manual de actividades económicas, onde se recollen de forma breve e sistemática as cuestións máis relevantes que afectan o exercicio dunha actividade económica.

O Manual recolle cuestións sobre diversos impostos (Imposto de Actividades Económicas, Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, Imposto sobre Sociedades e Imposto sobre o Valor Engadido) e tendo en conta se a actividade económica se realiza por persoas físicas (autónomos), persoas xurídicas (entidades mercantís) ou por entidades sen personalidade xurídica (entre outras, herdanzas xacentes e comunidades de bens).

A información recollida nesta guía pode ampliarse na sede electrónica da Axencia Tributaria, onde, entre outras axudas, poderás utilizar o Buscador de Actividades e as súas obrigas tributarias  unha ferramenta que ofrece información sobre a epígrafe ou epígrafes das Tarifas de IAE que corresponderían á actividade consultada.