Saltar ao contido principal

Modificar unha declaración de Renda xa presentada

Se despois de presentar a declaración de Renda advirtes erros ou omisións que fagan necesario modificar a declaración presentada, podes presentar unha rectificación ou unha declaración complementaria, tanto do exercicio actual coma doutro anterior non prescrito.

Os erros ou omisións advertidos poden producir dúas situacións:

  1. Se che causan un prexuízo económico porque a cantidade a devolver sexa maior, ou menor a cantidade a ingresar, podes solicitar a rectificación da declaración.

    Tamén se a modificación afecta un dato que non modifica o resultado da declaración.

  2. Se se causa un prexuízo económico á Facenda Pública porque a cantidade a devolver sexa menor, ou unha maior cantidade a ingresar, debes presentar unha declaración complementaria.

No apartado da sede electrónica "Como modificar unha declaración xa presentada"Explicámosche o procedemento a seguir a través de Renda WEB.

Tamén preparamos dous vídeos para guiarte no procedemento:

  1. Renda 2021 - Modificación dunha declaración presentada (rectificación de autoliquidación)

    https://youtu.be/jse_VkIWefs

  2. Renda 2021 - Como presentar unha declaración complementaria

    https://youtu.be/smEg18fUDbA