Saltar ao contido principal

Novidades publicadas no INFORMA do IRPF durante o mes de marzo do 2022

O programa INFORMA é unha base de datos que contén, en formato pregunta-resposta, os principais criterios de aplicación da normativa tributaria.Está en constante actualización e cada mes introdúcense novidades.

En marzo de 2022, as novidades introducidas con relación ao  IRPF son as seguintes:

  1. Subvención por mellora eficiencia enerxética vivenda:a axuda ou subvención por obras de mellora da eficiencia enerxética concedida polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda urbana, se non está exenta, ten a consideración de ganancia ou perda patrimonial.

  2. Devolución exceso tarifa plana de autónomo:no ámbito dos rendementos do traballo a devolución ao autónomo societario das cotizacións non ten incidencia na declaración do IRPF do exercicio en que se realiza a devolución, senón nas dos exercicios en que se incluíron como gasto e retribución en especie.

  3. Redución xeral 2021 rendemento neto actividades agrícolas, gandeiras e forestais:increméntase do 5 ao 20 por cento a redución a aplicar o rendemento neto calculado en 2021 para as actividades agrícolas, gandeiras e forestais.

Podes consultar as novidades: Novedades INFORMA do IRPF marzo 2022.