Saltar ao contido principal

Prorrogado o Convenio entre o CGPJ e a Axencia Tributaria en materia de formación, investigación e publicacións

O 7 de xuño de 2022 publicouse no Boletín Oficial do Estado a Addenda de prórroga ao Convenio entre o Consello Xeral do Poder Xudicial e a Axencia Estatal de Administración Tributaria, en materia de formación, investigación e publicacións.

Prorrógase así por dous anos o convenio existente, que articula a colaboración entre ambas as dúas institucións para a realización de actividades conxuntas de formación de xuíces e maxistrados e persoal adscrito á Axencia Tributaria, tanto mediante seminarios, cursos ou xornadas de tratamento conxunto de temas que afecten a ambos os dous colectivos, como fomentando a participación recíproca en actividades de formación propias de cada parte, así como a colaboración de ambas as dúas na realización de estudos, investigacións, publicacións e demais actividades de interese común.

Acceso á Addenda de prórroga ao Convenio co Consello Xeral do Poder Xudicial