Encontro tributario do Consello Xeral do Poder Xudicial e a Axencia Tributaria
O Consello Xeral do Poder Xudicial e a Axencia Tributaria manteñen unha estreita relación en materia de formación, investigación e publicacións. No marco desta colaboración, durante os días 30 e 31 de marzo e 1 de abril tivo lugar un encontro tributario na cidade de Salamanca.
Os relatorios trataron asuntos tributarios de actualidade; así, por exemplo, as técnicas de comprobación, as facultades de comprobación e os dereitos fundamentais; os dereitos e opcións en materia tributaria ou os límites da retroacción de actuacións derivadas das execucións de resolucións económico-administrativas e sentenzas da orde contencioso-administrativo.
Tamén se dedicaron relatorios ao procedemento fronte a responsables e sucesores; á achega ‘tardía’ de probas por parte do contribuínte; as perspectivas de futuro da potestade sancionadora administrativa no ámbito tributario ou as garantías do contribuínte no ámbito da protección de datos, o big data e o uso de algoritmos.
Nos relatorios participaron especialistas de recoñecido prestixio da xudicatura, da fiscalía, da avogacía do Estado, da Administración tributaria ou do ámbito académico.