Coñece o Manual práctico de Patrimonio 2021
Coa misión de minimizar os custos de cumprimento que debe soportar a cidadanía, a Axencia Tributaria pon á súa disposición este Manual práctico de Patrimonio 2021.
O manual recolle as principais novidades do Imposto sobre o Patrimonio, responde ás preguntas de quen ten que presentar a declaración deste imposto, cando e en que forma. Ademais, inclúe supostos prácticos para facilitar a súa comprensión e indicacións para cubrir a declaración.
Podes acceder ao manual na seguinte ligazón: Manual Patrimonio 2021.