Coñece o Manual práctico de Renda 2021
O manual responde á intención de divulgar o IRPF a través dunha visión rigorosa, total e actualizada do imposto. Contén supostos prácticos, esquemas e cadros para facilitar a súa comprensión, así como instrucións para cubrir a declaración de Renda. O manual tamén recolle os criterios administrativos e xudiciais aplicables e dous guías coas novidades do ano e as deducións de cada Comunidade Autónoma.
A Axencia Tributaria ten o compromiso de minimizar os custos de cumprimento que debe soportar a cidadanía nas súas relacións coa Facenda pública. Co propósito de cumprir o devandito compromiso, a Axencia Tributaria pon a disposición dos cidadáns unha batería de medios, que lles vai a facilitar a presentación da súa declaración da Renda 2021.
Podes consultar o manual desde a sede electrónica ou a app da Axencia Tributaria. Está en formato HTML, o que facilita o seu acceso, a navegación polos seus apartados e a optimización do seu contido.
Constitúe, en calquera caso e no marco da campaña de Renda 2021, unha boa oportunidade para quen desexen profundar no coñecemento do imposto.
Podes acceder ao manual na seguinte ligazón: Manual Renda 2021.